LAS CINCO JOTAS LAVADORES 36 – DECORACIONES J. BELLO XIRIA 30
Las Cinco Jotas Lavadores 36 (16+20): Mario, Borja (11), Aarón (4), Raúl (1), Jorge (5), Noel (7), Iván -equipo inicial- David, Sergio, Cristobal (3), Pablo (1), Calvo (2), Carlos (2).…
Las Cinco Jotas Lavadores 36 (16+20): Mario, Borja (11), Aarón (4), Raúl (1), Jorge (5), Noel (7), Iván -equipo inicial- David, Sergio, Cristobal (3), Pablo (1), Calvo (2), Carlos (2).
Decoraciones J. Bello Xiria 30 (15+15): Jorge, Iván (8), Julián (9), Diego (2), Alberto (3), Óscar (4), Dani (1) -equipo inicial- Miguel, Lolo (2), Raúl (1), Buño, Gabriel.
Colexiados: Alberto Rodríguez e Alba Currás.
Saíu a por todas o equipo de Carballo nunha pista difícil e contra un rival que xa se impuxera no partido de ida no Vila de Noia por tan só un gol de diferenza (32-33).
O equipo do Lavadores non era quen de frear as acometidas dos bergantiñáns nos primeiros compases, e a primeira liña dos de J. Bello perforaba unha e outra vez a portería local para marcharse no electrónico cunha vantaxe a ter en conta, 3-8. Esta diferenza propiciou o primeiro tempo morto da adestradora viguesa e, a partir de aquí, a reacción do equipo olívico non se fixo esperar. As intensidades igualáronse moito máis e nos últimos intres da primeira parte, cando os visitantes acusaban o gran desgaste físico, o equipo de Vigo púñase un gol por diante para ir aos vestiarios con un resultado a favor, 16-15.
Na segunda parte, os de Xiria saíron faltos de intensidade e as forzas xa non eran as mesmas que ao comezo do partido. O Lavadores aproveitaba este feito para poñer terra de por medio con cómodas vantaxes superando unha e outra vez a retagarda dos de Carballo, que apenas mostraban oposición. Os bergantiñáns daban un último empuxón e restaban tres goles á diferenza final, pero no ían ter tempo para máis e os dous puntos quedaban en Vigo..
Na vindeira xornada o J. Bello Xiria xogará de novo en Vigo, nesta ocasión no pavillón de Coia contra o Seis do Nadal.