Mala dobre xornada para o Grupo Lemaco Xiria

Unha derrota e un empate foron os resultados que conseguiu o Xiria Cadete nesta semana de dobre enfrontamento. Si o xoves non era capaz de pasar do empate en Vigo ante o Lavadores nun partido no que a priori non deberá ter complicacións, o sábado viuse superado ante o Cisne de Pontevedra.Estes resultados obrigan ao Xiria a non ceder máis se quere permanecer na loita nos postos altos da clasificación.

Balonmán Lavadores 22 – Grupo Lemaco Xiria 22 (13-11)

O xoves a mañá o Grupo Lemaco visitaba ao Balonmán Lavadores, con varias baixas por coincidir o partido no mesmo horario que o dos xuvenís, algo que en principio non debera ser problema, resultou clave nun encontro que foi igualado durante os 60 minutos. O Xiria saíu descentrado ao terreo de xogo, incapaz de resolver en accións claras diante do porteiro rival, desperdiciando ata 5 lanzamentos de 7 metros e varios contraataques, o que mantiña aos vigueses no encontro. As urxencias que marcaba o resultado, xogaron en contra do Xiria, que precipitado e errático no ataque, deixaba a vez que o Lavadores fose marcando e igualando no marcador. Nuns minutos finais de precipitacións, calquera dos equipos puido facerse coa vitoria, quedando un resultado de empate a 22 goles.

Balonmán Lavadores 22 (13): Juan Camacho (porteiro) Daniel Pérez 1, Diego Perez 9, Pablo Fernández 1, Roi San 1, Mario Outeiriño 8, Marcelo Sabín, Jose Del Río, Manuel Madrid, Alberto Covelo, Pablo Cazapa 2 e Pablo Lora.

Grupo Lemaco Xiria 22 (11): Julio Ferreiro (porteiros) Mario Cancela 10, Dani Mallo 6, Adrián Mesejo 1, Juan Pereira, Mario Rincón,  Diego Rodríguez, Diego Antelo 2, Iker Martínez 1, Carlos Varela, Aaron Rodríguez 2 e Fernando Mallo.

Arbitrou: Alberto Fernández, sen complicacións

Grupo Lemaco Xiria 25 – Balonmán Cisne  37 (16-19)

Dura derrota para o Grupo Lemaco diante dun rival directo como é o Balonmán Cisne, nun partido que o Xiria xogou con demasiada precipitación de cara a gol e con falta de intensidade na súa defensa ante un dos mellores ataques do campionato.

Comezouse cun partido igualado nos seus primeiros intres, onde os atacantes conseguían gol con facilidade, sobre do minuto 15 o Xiria adiantábase momentaneamente no marcador, na que foi a súa única vantaxe, 9 a 8. A partir de aí, as perdas en ataque por precipitación foron aproveitadas polo Cisne a contra, o exceso de individualidade dos carballeses caían na trampa da defensa de anticipación do rival, pero o máis salientable foi a falta de intensidade defensiva do Xiria que vía imposible parar as continuas penetracións dos contrarios.

Tras o 16 a 19 do descanso, o Grupo Lemaco aplicouse momentaneamente en defensa, recuperando balóns a contra para igualar o partido, pero desaproveitou unha tras outra ocasión, co paso dos minutos o Cisne ía marcando e agrandábase a brecha no marcador, o que prendeu as alarmas, viñeron as urxencias e vimos un Xiria desarborado por completo tanto en defensa como en ataque, o pontevedreses non baixaron o pistón ata o final acadando a maior diferenza no marcador 25 a 37, duro castigo para o Grupo Lemaco.

Grupo Lemaco Xiria 25 (16): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iago Rincón 2, Alex Gómez 6, Mario Rincón,  Mario Cancela 6, Dani Mallo, Adrián Mesejo 1, Juan Pereira, Diego Antelo 2, Aaron Rodríguez, Iker Martínez 5 e Brais Vila 3.

Balonmán Cisne 37 (19): Miguel Jiménez e Anxo Fraga (porteiros) , Carlos Costa, Fernando Alvarez 2, Carlos Alvarez 6, Juan Cuenca 4, Sergio Alvarez 7, Antonio Bueno, Miguel Silva, Román Arboleya 4, Eduardo Costa, Mateo Arias 5, Nuno González, Javier Sierra, Víctor Fernández 9 e Mario González.

 

Marcador cada 5 min: 3-4/ 3-7 / 6-9/ 9-11/ 10-12/ 12-12/ 14-15/ 14-19/ 18-22/ 19-24/ 21-25/ 25-28

Arbitrou: Alfredo Balado, sen complicacións