Mat. Atl. Narón: Miguel, Juan, Borja (6), Iago (1), Victor (3), David (4), Francisco (2) -equipo inicial- Brais, Fernando, Ismael, Sergio, Ruben.
Ifecgas Pereira Xiria: Nestor (3), Oscar (6), Dani, Diego (7), Alberto (6), Zas (1), Rodrigo (8) -equipo inicial- Boti (2), Andres (1), Borja (1), Ivan
Colexiados: O colexiado Jose Flores non influiu no marcador final
O Ifecgas Pereira Xiria acadou unha vitoria na visita ao campo ferrolán do Bm. Narón. Prevíase un partido de mero tramite,e asi foi, aínda que nos dez primeiro minutos de partido o marcador reflectía un empate propiciado pola falta de intensidade e concentración dos carballeses.
Comezou mal o encontro o Ifecgas Pereira, despistado en defensa e poñéndolle as cousas demasiado faciles os locais. Tanto foi asi que contra pronostico e como diciamos con anterioridade a tónica dos primeiros minutos era a igualdade. Pero sabiamos que era cuestión de tempo que o Ifecgas Pereira Xiria encarrilara o partido, e asi foi, a pesar do mal xogo e a minima actitude. No momento no que se sucederon catro defensas exitosas, os de Carballo escaparon no marcador para chegar cun resultado de 10-16 ao descanso.
Á volta dos vestiarios e como era previsible os bergantiñans sen facer grandes alardes poñian unha marcha máis e deixaban atras un partido sen historia cos dous puntos conqueridos por un resultado final de 16-35.
Como curiosidade decir que dous xogadores de campo, Néstor na primeira parte e Zas na segunda supliron con solvencia a falta na porteia do gardamallas Alex Naya.
É preocupante o estado do Ifecgas Pereira Xiria, tanto nos adestramentos coma nos partidos despois do parón de Nadal. A intensidade non e a mesma que na primeira parte da liga, sobre todo en defensa, e a frescura no contraataque e no ataque posicional tampouco se parece demasiado. É urxente recuperar ese estado para afrontar con opcións o campionato galego, se finalmente se consigue a clasificación, e os partidos contra os rivais directos coma o do proximo fin de seman fronte o Bm. Oleiros. Moito terán que cambiar as cousas si os de Carballo queren gañar ese partido.
