ASESORÍA SUEIRO XIRIA 27 – CAIXANOVA OAR 26

Asesoría Sueiro Xiria (13+14) 27: Guillín, Díaz (5), Óscar, Joaquín (8), Manuel (1), Ramón (4) e Javier (4) – equipo inicial – Iago (p.s.), Puente, Norberto (2), Boti (2) e Eloy (2).
Caixanova Oar (14+12) 26: Roberto, Víctor (4), Nando (11), Carlos Garvín, Carlos Pereiro, Daniel Angeriz (1) e Yoel (6) – equipo inicial – Mahía (2), Jorge 1, Francisco, Javier Rey (1) e Daniel López.
Árbitro: José Mª García e Francisco Soliño. Regular.
Incidencias: Encontro correspondente á 3ª Xornada do Campionato Galego Xuvenil Masculino disputado no Pavillón da Zona Escolar en Carballo ás 12:00 con case 100 nas bancadas.

Emocionante derbi o que se esperaba para este domingo en Carballo, entre dous equipos que necesitaban a victoria, o Caixanova Oar, para sumar a súa primeira victoria desta Liga Galega, e o Asesoria Sueiro Xiria para repoñerse do traspés da semana pasada en Pontevedra onde os carballeses colleitaron a primeira derrota da tempada. Os tres enfrontamentos anteriores da tempada entre estes dous equipos caracterizáronse pola igualdade e este non ía ser menos.

Os primeiros compases rexistraron un marcador igualado, onde as vantaxes ían cambiando de bando pero nunca houbo máis dun gol de diferencia. Pero a partires do minuto 15 o panorama cambiou de xeito radical. O Oar comezou a adquirir unha vantaxe que chegou ata os catro goles (9-13). O Xiria que ata entón se mostrará moi irregular, apretou e logrou poñerse a tan só un gol co tanto conseguido por Boti sobre a bocina.

No segundo tempo o comezo volveu ser igualado, pero uns minutos inspirados dos visitantes unidos a unha exclusión local permitiron ó Oar coller unha importante vantaxe de cinco goles (16-21). Tra-lo tempo morto local as cousas volveron cambiar, e un Xiria moito mellor axustado e máis contundente en defensa conseguiu volver a poñer o marcador igualado cun parcial de 6 a 1 (22-22). Desde ese intre ata o final o encontro entrou nunha fase digna das mellores películas de suspense, que se correspondeu cos dez últimos minutos. A igualdade mantense ata os últimos catro minutos, onde o Xiria consegue marcharse cun parcial de 3 a 0 (27-24). Pero o Oar consegue reduci-la vantaxe ata un gol, polo que a emoción se mantivo ata o último segundo.

A vindeira semana o Asesoria Sueiro Xiria visita a difícil cancha do Cangas, onde os locais se mostraron intratables esta tempada e só perderon dous encontros contra Novás e Cisne.