MECALIA AT. NOVÁS 29 – CALVO XIRIA 25

LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 18
23/02/2013 MECALIA AT. NOVÁS 29 – CALVO XIRIA 25

Mecalia At. Novás 29 (14+15): Esteban [p], Ramón (7), Manuel (7), Bruno (4), Candeleda (1), Paulo (2), Miguel (2) -equipo inicial- Malvar [p], Jacobo (3), Marcos (1), Roberto (1), Iago (1), David, Jorge.
Calvo Xiria 25 (11+14): Kike [p], Ramón (3), Jesús, Pablo (4), Cuco (2), Manuel (4), Sergio (4) -equipo inicial- Iago [p], Jorge (1), Gonzalo (4), Dubra (2), Mario, Brais (1).
Colexiadas: Raquel Lloria Ubeira e Nandy Espino Guerra do colexio canario. Excluíron aos locais David (19´e 45´), Jorge (22´ e 35´), Iago (43´), Roberto (49´) e Bruno (58´). Por parte do Calvo excluíron a Manuel (7´ e 48´), Ramón (25´), Sergio (35´) e Gonzalo (40´ e 59´).
Marcador: 1-3, 4-3, 7-5, 11-5, 12-9, 14-11(descanso); 18-12, 21-14, 21-18, 24-19, 27-22, 29.25 (final).
7 metros: Mecalia At. Novás.: 4/6 ### Calvo Xiria: 1/2
300 seareiros no pavillón rosaleiro

Caeu o Calvo Xiria ante o Mecalia At. Novás, posiblemente a mellor plantilla da categoría, por 29 goles a 25 nunha xélida tarde de balonmán no Pavillón Municipal do Rosal, na que por momentos parecía que nin xogadores nin afeccionados entrarían en calor.

Se xa de inicio era un rival moi complicado pola súa calidade individual, todo torceuse un pouco máis no derradeiro adestramento dos carballeses, unha forte contractura deixaba a Chimpo, o referente do equipo no lanzamento exterior, fora de combate nun partido no que o seu concurso era moi importante debido á fortaleza defensiva do 6:0 rosaleiro. Co paso dos minutos os camiños para os xogadores carballeses íanse pechando e a actuación de Esteban ante os extremos verdibrancos facía presaxiar o peor.

Así foi, é un parcial de 2-11 que daba unha diferenza de seis goles para os locais condenaba ao Xiria a unha remontada complicadísima. Os dez minutos que faltaban para o descanso foron, logo dun tempo morto, de persecución sen tregua, conseguindo o Calvo marcharse so tres goles abaixo no marcador. Semellaba que volviamos a ter encontro.

Pero cometeu un erro gravísimo o conxunto da zona escolar. Tratou de limar esa diferenza nada máis saír dos vestiarios arriscando máis da conta nas súas accións ofensivas. E iso aproveitouno á perfección o Mecalia que con catro rápidas contras puña no electrónico un +7 case que decisivo ante un rival con moita experiencia.

A pesar de todo os xogadores visitantes non arroxaron a toalla e loitaron ata o derradeiro intre por tirar algo positivo da súa viaxe ao Rosal, pero xa non houbo marxe a reacción.