Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Merecida vitoria para o Calvo Xiria

Pechou o ano o Calvo Xiria cunha vitoria ante a Sar de Redondela que lle permite subir un posto na táboa clasificatoria e polo tanto marcha de vacacións de Nadal…

Pechou o ano o Calvo Xiria cunha vitoria ante a Sar de Redondela que lle permite subir un posto na táboa clasificatoria e polo tanto marcha de vacacións de Nadal no cuarto posto provisional. Un gran balonmán tanto en defensa coma en ataque permitían ao Calvo Xiria chegar ao descanso con cinco goles de vantaxe, que puideron ser máis se os colexiados non deixasen ate con tres xogadores menos aos carballeses. Trinta minutos nos que a defensa verdibranca foi superior ao ataque local, que non puido conectar co pivote nin dar xogo aos seus extremos, mantendo a raia a súa primeira liña na que só Ricardo era quen de sumar goles para os seus, con Martín de novo a un gran nivel baixo os paus. No eido ofensivo a mobilidade de balón e de xogadores unido a unha moi alta porcentaxe na finalización era a receita para desarborar o armazón defensivo redondelán. O segundo acto foi polos mesmos rumbo ata que a primeira liña carballesa perdeu a Gonzalo, o que unido a unha dobre mixta deu folgos á Sar que aproveitou para meter o medo no corpo ao Xiria, mais non foi suficiente para evitar que se levase os dous puntos en xogo. Agora toca un pequeno parón, pois a liga apárcase ate o 10 de Xaneiro.

Incidencias: Partido disputado na Bombonera ante 300 seareiros. Marcador cada cinco minutos: 2-3, 2-6, 5-10, 6-12, 9-13, 11-16 descanso,13-19, 15-20, 16-21, 19-23, 20-24, 24-25.
Colexiados: Pedro Eiras Abalde e Aaron Sestay Prieto do colexio galego.
Exclusións: Sar Plastic Omnium: Manuel Ferreira (17´e 22´), Damián Rodríguez (27´), David Parcero (57´) e Carlos Rey (59´). Calvo Xiria; Brais (18´), Gonzalo (27´, 27´ e 53´), Martín Alfeirán (27´ e 50´), Sergio (35´), Pablo (43´) e Jorge (54´). Sete metros: Sar 3 / 4. Calvo Xiria 3 / 6.
SAR Plastic Omnium 24 (11+13): Marcos Colinas [p], Daniel Pereira [p], Damián Rodríguez (2), Roberto Couso (2), Iñaki Couñago, Antón Rey (6), Imanol Cobián, Ramón Otero, André Pérez (2), Carlos Rey (2), Manuel Rey (2), Diego Domínguez, Manuel Ferreira, David Parcero, Ricardo Vázquez (7), David López (1).
CALVO XIRIA 25 (22+17): Martín Gómez [p], José Luis Fraga [p], Sergio Facal (3), Brais Puñal (1), Martín Alfeirán, Jorge Bouzas (4), Pablo Iglesias (9), Gonzalo Pombo (4), Iván Campos (2), Carlos A. Lema (2), Mario García de Seárez, Julián López.