Derradeira xornada do ano para Escolas Balonmán Xiria

Viaxa o sábado a Redondela o Calvo Xiria para xogar o derradeiro partido antes do parón de Nadal. O rival será a SAR ás 18:30 horas nun complicado compromiso para os carballeses ante un equipo que precede aos verdibrancos na táboa clasificatoria e que está a facer un gran tempada logo de fichar a un bo número de xogadores para asumir retos maiores que no pasado ano.
A expedición carballesa non poderá contar con pivote Alejandro Calvete, sancionado cun encontro por mor da descualificacion da pasada xornada, pola contra volverá ao equipo Ramón, nun partido moi importante para os dous conxuntos na loita por achegarse aos dous primeiros postos. Tentará de novo impor o seu ritmo de xogo o Xiria para poder correr e obter goles con maior facilidade ante unha das defensas menos goleadas da liga.

Tamén despedirá o ano este sábado o Goldie Xiria, será diante do Balonmán Auria Ourense, o partido disputarase no Pavillón Vila de Noia a partir das 8 da tarde. Actualmente as ourensás ocupan a derradeira praza do grupo, polo que se prevé un encontro fácil para o Goldie. Intentarán as carballesas despregar unha defensa máis arriscada co obxectivo da recuperación do balón, así como distintos procedementos no ataque que lle dean maior continuidade e fluxo.
Á espera do que aconteza perante a semana, Natalia e Ángela será baixas por lesión, e Aida por viaxe.Convocatoria: Brenda Noya (porteira) Juana Garrochena, María Gómez, Zeltia Landeira,Tamara Pombo, Adriana Gómez, Jéssica Posse, Marta Regueira, Sara Pombo, Cristina Gende, Patricia García, Raquel Gómez e Sheila Ferreiro

Aprázanse os partidos da división de honra infantil, cadete e xuvenil pola celebración de encontros amigables das seleccións autonómicas.

Os infantís de Territorial do Marmolería Jose Rey Xiria xogan este Sábado ás 12:45h contra o OAR «B» no Pavillón de San Francisco Javier (A Coruña). Prevese un encontro bastante igualado xa que os carballeses ocupan a 4ª praza e os do OAR a 3ª, cunha vitoria máis que os nosos. Para este duelo o equipo recupera ao alevín Daniel Regueiro, que por unha lesión nun xeonllo aínda non puidera participar co equipo infantil. A nota negativa é a baixa do noso goleador zurdo, Fernando Mallo, que torceu o nocello este Mércores e ten un escordadura de grado III que o manterá afastado dos terreos de xogo durante tres semanas.