Nova vitoria no derbi para o Calvo Xiria
De novo volveu a sufrir o Calvo Xiria para facerse cos puntos en xogo, mais soubo estar no partido, poñer o ritmo que necesita e manter a tranquilidade até o…

De novo volveu a sufrir o Calvo Xiria para facerse cos puntos en xogo, mais soubo estar no partido, poñer o ritmo que necesita e manter a tranquilidade até o momento decisivo, sobre todo tratándose dun partido de máxima rivalidade, no que ningún dos equipo quere deixar de loitar até o final. O conxunto local foi o que empezou máis forte, mantendo o dominio do encontro durante dez minutos, a partires dese intre as forzas igualáronse e con pequenas vantaxes para uns e outros chegouse ao descanso cun empate que facía xustiza ao visto no San Francisco Javier. Mais conseguiu o Calvo Xiria que o Oar xogase ao seu ritmo. O segundo tempo foi un calco do primeiro cos pequenas vantaxes para os verdinegros que a pesares de ter en varias ocasións un +2 non podían romper o encontro. Mais se o partido comezou con dez minutos de dominio local, rematou con dez minutos de clara cor visitante, que cunha defensa moito máis activa, impedía os lanzamentos do Oar. O equipo que máis se xogaba foi nese intre o que soubo manter a tranquilidade, agardando os erros do seu rival, dos que tirou perfectamente proveito.
A vindeira xornada o conxunto carballés pode certificar matematicamente a súa participación na fase de ascenso á SEGUNDA CATEGORÍA DO BALONMÁN ESPAÑOL.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal San Francisco Javier no que se deixaron sentir durante os sesenta minutos preto de 200 seareiros carballeses. Colexiados: Alberto Ramos Mardones e Mª Ángeles Madrazo Viadeiro do colexio cántabro. Castigaron con exclusión polo Oar a Yoel García (10´), Alfonso Fraga (18´, 56´), Fabián Dios (22´), Aresio Rosende (27´), Horacio Pardales (49´,52´), Gabriel de Melo (54´), namentres polo Calvo Xiria a Carlos Vilanova (21´), Brais Puñal (22´), Martín Alfeirán (31´). 7 metros: Oar Coruña 4//5 Calvo Xiria 0//2. Marcador cada 5 minutos: 3-2, 4-3, 4-5, 6-8, 10-10, 12-12, descanso, 14-15, 16-17, 20-21, 21-23, 21-27.
OAR CORUÑA 21 (12+9): Ignacio Santos [p], Roberto Casero [p], Gabriel de Melo, Víctor Couceiro (1), Daniel Angeriz (3), Yoel García, Hugo Rodríguez (7), Ignacio Suárez (1), Daniel Picado, Fabián Dios (1), Aresio Rosende (3), Juan Torres, Alex Sotelo, Mario Crecente, Alfonso Fraga (1), Horacio Pardales (4).
CALVO XIRIA 27 (12+15): Martín Gómez [p], Santiago Gómez [p], Alejandro Calvete, Brais Puñal (2), Manuel Méndez (1), Sergio Facal (5), Uxío Batán, Martín Alfeirán (5), Julián López, Ramón Suárez–Pumariega (2), Jorge Bouzas (2), Mario García de Seárez, Carlos Vilanova (5), Pablo Iglesias (2), Javier Rodríguez, Gonzalo Pombo (3).