Goldie Xiria 25 – S.D. Teucro Pescamar 26 – (15-15)
Escapouse a vitoria ao Goldie nos derradeiros minutos, logo de ir dominando boa parte do encontro, non puido materializar o derradeiro ataque co marcador igualado a 25 goles, e na derradeira xogada marcaba o teucro o gol definitivo, 25 a 26.
Saíu moi metido o equipo carballés no encontro, conscientes de que podían poñer en dificultades ao rival, con boa circulación de balón e efectividade no lanzamento, tamén as pontevedresas estaban acertadas, sobre todo dende os extremos, 15 a 15 ao descanso.
Na segunda metade, os dous equipos aplicáronse e variaron a defensa, saíndo en marcaxe sobre as centrais, para que non houbese tanta fluidez nos ataques, o que trabou un pouco o encontro. O Goldie adquiriu tres goles de renda a falta de 15 minutos, pero non soubo dar a puntilla e o Teucro volveu a meterse no encontro, ao estar máis acertado de cara a gol. Chegábase ao final do encontro con empate e posesión do Goldie, que desperdiciou, perdendo o balón, dando opción ao rival que se fixo coa vitoria co derradeiro gol do encontro.
Goldie Xiria 25 (15): Brenda Noya (porteira) Juana Garrochena 5 , Adriana Gómez, Jessica Posse 4, Laura Carracedo 3, Sheila Ferreiro 1, Marta Regueira, Elena Segade 2, Leticia Casal 2, Natalia Solís , Zeltia Landeira 3 e Raquel Gómez 5.
S.D. Teucro Pescamar 26 (15): Lorena (porteira) , Ana 4, Paula 2, Angela 1, Marta 3, Gema 4, Danilza 5, Alba 3, Anais 4, Elena , Sabela e Patricia.
Arbitraron: Pablo Barreiro e Pablo Torreiro, excluiron a Leticia Casal, Raquel Gómez e Marta Regueira polo Goldie Xiria e a Elena polo Teucro