O Bm. Cisne superou a base de goles a un Grupo Lemaco ferido
O Grupo Lemaco comezaba o encontro un tanto desanimado pola nova da vitoria do Octavio sobre o Lalín que deixaba aos carballeses sen opcións de acadar a 3ª praza. A intensidade coa que…

O Grupo Lemaco comezaba o encontro un tanto desanimado pola nova da vitoria do Octavio sobre o Lalín que deixaba aos carballeses sen opcións de acadar a 3ª praza. A intensidade coa que saíron os do Xiria nada tivo que ver coa dos últimos encontros e pola contra, o Cisne, aínda con opcións de acadar a 1ª praza, saía con todo.
0000A falta de velocidade nos desprazamentos defensivos e a pouca contundencia nos contactos permitían ao Cisne anotar con moita facilidade (9-5 Min.10).
En ataque o Xiria funcionaba correctamente, Pablo conectaba moi ben con Roi no pivote e Antón dende a esquerda aproveitaba ben as fixacións dos compañeiros para sacar proveito no 1×1. Pero o Cisne seguía a anotar con moita facilidade, (15-9 Min.15) e así resultaba imposible achegarse no marcador.
Mediado o primeiro tempo o carácter do Xiria, ferido no orgullo, comezaba a espertar. Aumentando a intensidade defensiva as axudas comezaron a chegar en tempo e forma e os contactos, máis contundentes, non permitían que os de Pontevedra moveran tan rápido o balón coma nos primeiros minutos. Pero ese aumento de intensidade en defensa tamén provocaría que, coas pulsacións máis altas, o Grupo Lemaco perdera por momentos a calma en ataque, pretendendo recurtar goles rapidamente a base de accións individuais.
Na segunda parte o Xiria saíu máis asentado, a mellora no eido defensivo se mantería e en ataque o equipo recuperaba as boas sensacións do inicio cun xogo máis combinativo. A remontada era practicamente imposible, sen embargo a imaxe neste tempo foi moito mellor e de feito os carballeses gañaron o parcial deste segundo perido (15-16).
A falta de dúas xornadas o Xiria é matematicamente o 4º clasificado da liga, nunha dura tempada na que o Grupo Lemaco amosou unha gran progresión dende o inicio.
CISNE BALONMÁN – 40 (25+15): Marcos, Hugo (2), Adrián (3), Roque (5), David (3), Gonzalo (10), Daniel (7), Gonçalves (2), Diego, Alberto, Fran, Ricardo, Álvaro (6), Jaime (2), Iván e Diego.
GRUPO LEMACO XIRIA – 31 (15+16): Jose (1), Tasende, Fran (6), Antón (9), Vila (4), Miguel, Ronny, Mario, Roi (5), Renzo, Urbieta, Pedro (2), Manuel (1), Pombo e Samuel.
Marcador cada 5′: (5-3), (9-5), (15-9), (17-11), (21-13), (25-15) // (27-18), (30-21), (32-24), (36-26), (38-28) e (40-31)
Clasificación trala 20ª xornada:
Galería de fotos do encontro:
