Balonmán Porriño 30 – Goldie Xiria 17 (15-12)
Plantoulle cara os 30 primeiros minutos o Goldie ao Porriño, pero a profundidade de banqueta e o oficio, dun rival moi superior, agrandou moito as diferenzas no marcador.
Saíu dubitativo o Xiria nos primeiros compases, pero pronto comezou a enarborar boas combinacións de ataque, que conseguían lanzamentos cómodos polo que se foi achegando no marcador. Os axustes defensivos con determinada presión e as respostas de Brenda na portería, metían as carballesas novamente no encontro na descanso.
Pero volveu do vestiario con novo impetuosidade o Balonmán Porriño, desbordando a defensa do Goldie e recuperando balón con facilidade, pouco oxíxeno para a primeira liña do Xiria que acusou as baixas en esas posicións e que foi perdendo brío coa continuidade dos minutos nesta segunda metade. Ao final excesivo castigo no marcador para unhas xogadoras que deron a cara ante o líder da categoría de Primeira Autonómica
Balonmán Porriño: Sabela e Paula (porteiras), Godoi 1, Lara 1, Marta 4, Sara 5, Ana, Uxía 1, Gema 1, Norma 3, Lucía 2, Nuria 5, Andrea 1, Monica 6 e Magdalena.
Goldie Xiria: Brenda Noya (porteira) Juana Garrochena 2 ,Elena Segade , Adriana Gómez 2, Jessica Posse 4, Laura Carracedo 6, Sheila Ferreiro, Alba Rodríguez, Lucía Vilariño, Natalia Solís, Marta Regueira 3 e Raquel Gómez.
Marcador cada 5 min: /5-1/ /7-3/ /10-5/ /12-7/ /14-10/ /15-12/ /20-14//21-15/ /23-16/ /24-16/ /26-17/ /30-17/
Arbitraron: Rodríguez Trigo e José Angel Freire excluiron a Natalia Solís (2) polo Goldie Xiria e a Lara polo Porriño