Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Bm. Cisne superou ao Grupo Lemaco Xiria nun partido con demasiados goles

O Grupo Lemaco Xiria recibía ao Bm Cisne nesta 9ª xornada de Liga, 3º e 4º clasificado se enfrontaban nun encontro que se presumía igualado, sen embargo non fixo un…

O Grupo Lemaco Xiria recibía ao Bm Cisne nesta 9ª xornada de Liga, 3º e 4º clasificado se enfrontaban nun encontro que se presumía igualado, sen embargo non fixo un bo partido o Grupo Lemaco nesta ocasión, cedendo ante un Cisne que xogou moi cómodo en ataque e non tardou e distanciarse no marcador a base de goles, a maioría dende os extremos. Os de Pontevedra mandaron durante todo o encontro, que deixaron practicamente sentenciado na primeira metade.

Na segunda parte a reacción do Xiria tardou demasiado en chegar e a distancia xa era insalvable; puidendo, sen embargo, recurtar a diferenza de goles co rival.

Grupo Lemaco Xiria – 40 (17+23): Mario Lema, Samuel, José, Sergio, Fran, Antón, Andrés, Miguel, Ronaldo, Andy, Roi, Renzo, Andrés, Pedro, Sergio e Manuel.

Bm Cisne – 47 (27+20): Marcos, Adrián (2), Roque (5), David (7), Gonzalo (2), Daniel (15), Padín, Diego (2), Alberto, Manuel, Muñoz, Ricardo (1), Álvaro (7), Jaime, Iván e Diego (3).

Clasificación trala 9ª xornada:
Clasificación

Fotos do encontro:
xiria 2015 002 xiria 2015 003 xiria 2015 004 xiria 2015 005 xiria 2015 006 xiria 2015 007