O LK Xiria alevín gaña o seu primeiro encontro da liga contra o A.D. Alca Santiago
Xogábase este Sábado a 2ª xornada da Liga Provincial Alevín e o LK Xiria, que non xogara na primeira xornada o seu partido contra o ZAS, finalmente aprazado, medíase no…

Xogábase este Sábado a 2ª xornada da Liga Provincial Alevín e o LK Xiria, que non xogara na primeira xornada o seu partido contra o ZAS, finalmente aprazado, medíase no seu primeiro encontro ao A.D. Alca Santiago.
Os do Xiria leváronse os 8 puntos gañando os 4 tempos, os 3 primeiros con moita claridade, encaixando só dous goles e anotando unha suma de 34, pero no último período sufriron para gañar, ante un Alca que non deixou de loitar en todo o encontro.
Por parte do LK Xiria xogaron: Nico, Alberto, Darío, Juanma, Samuel Regueira, Jairo, Álvaro e Martín. Causaron baixa por motivos persoais Alejandro e Miguel, que non puideron acompañar nesta ocasión ao equipo.
**A.D. Alca Santiago 0 – LK Xiria 8
**
1º tempo: 2-10
2º tempo: 0-11
3º tempo: 0-13
4º tempo: 8-9
Clasificación trala 2ª xornada
