O Calvo Xiria 21-22 arranca a maquinaria este luns 16 de agosto

As rapazas de Manu López volverán ás pistas despois do descanso estival e farano o vindeiro luns a partires das 21.30h.

O clube verde e negro que está en pleno proceso de confección do plantel, tal e como estamos anunciando ao longo destes últimos días, xa se poñerá mans á obra para preparar a tempada 2021-2022, na que as xogadoras do Calvo Xiria tratarán de chegar da mellor maneira ao inicio dunha liga na que buscarán mellorar os bos resultados conseguidos durante a pasada campaña, para continuar coa traxectoria ascendente de anos anteriores.

A cita será no pavillón do CEIP Fogar este luns 16 de agosto a partires das 21.30h., nun acto que servirá como presentación do equipo sénior feminino verde e negro e no que as pupilas de Manu López xa realizarán a primeira sesión de adestramento desta tempada 2021-2022.