O Calvo Xiria cede en casa diante o Balonmano Ingenio

Un encontro que estivo igualado desde o inicio e que na segunda metade, desequilibrou a balanza, o porteiro visitante, onde o Calvo Xiria malograba as ocasións xeradas para tratar de obter un resultado positivo que finalmente levou o cadro Canario.

O Calvo Xiria iniciou o encontro con cómodas transicións que lle daban un mínina vantaxe (6-4); pero aínda que é certo que en ataque posicional, estaba a sufrir demasiado ante o 6:0 de Ingenio. En canto recuperou a mobilidade habitual, á que nos ten afeitos, o equipo conseguiu abrir o campo e xerar boas situacións de lanzamento. Bm Ingenio conseguiu abrir unha pequena brecha no marcador ao estar máis acertado cara portería; pero que o Calvo Xiria reduciu antes de chegar ao descanso (14-15).

Tras o paso por vestiarios, os dous equipos outorgaban máis intensidade ao encontro. O Calvo Xiria tivo que axustar a defensa co pivote, o cal empezaba facendo moito dano xogando entre liñas. O partido asentouse nunha diferenza de +3 para os canarios; e aínda que o Xiria, tivo momentos para darlle a volta ao resultado, estrelábase unha e outra vez ante a portería rival. Co mono de traballo posto en defensa, e unha concentración inquebrantable durante 60 minutos, permitíronlle chegar con opcións; pero finalmente non puido lograr a vitoria.

Calvo Xiria 29 – Balonmano Ingenio 32

Calvo Xiria (14+15): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (3), Gabriel Castiñeiras (3), Pablo Veiga, Julián García (2), Chimpo Rodríguez (3), Diego Vega (8), Manu Méndez (4), Álex Gómez, Jorge Bouzas (3), Carlos Varela, Mario Cancela (3), Martín Fuentes.

Balonmano Ingenio (15+17): Jose Grigore Duca (p), Carlos José Sánchez (p), Francisco David Sánchez (4), Domingo Castro, Edgar Jesús Socorro (2), Rafael Sánchez (5), Omar Jesús Perdomo (1), Gabriel Sánchez, Manuel Varela (3), Jon Ander Malde (6), Iván Manuel Sánchez, Daniel Jesús Martín (8), Rodrigo Ortega (3), Daniel Muñoz.

Árbitros: Gabriel Folgoso e Jordan Suárez

Marcador cada 5 minutos: 4-3, 6-4, 7-7, 8-11, 10-13, 14-15, (descanso), 15-18, 17-21, 19-23, 21-24, 24-27, 29-32 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 17ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).