Derrota e vitoria para o ALS A nesta xornada

A pasada fin de semana o ALS A tiña que disputar dous partidos. Un aprazado contra o actual líder o Luceros  (sábado) e o outro partido un dos derbis contra o OAR (domingo) rival que se atopa na loita directa polos postos que dan opción a xogar unha final Four. O saldo de estos dous partidos saldouse con unha derrota e unha vitoria que manteñen aos carballeses na mesma posición.

ALS XIRIA A 18 – BUENAS MIGAS LUCEROS 32

O comezo do partido estivo comezou co equipo de Cangas poñéndose por diante no marcador. Os do morrazo estaban máis acertados que o equipo carballés e poñían as primeira diferenzas no marcador. Con todo os carballeses souperon reaccionar e recurtar distancias no ecuador da primeira metade. Nestes intres o partido amosábase igualado e o ALS viña nunha liña ascendente. Sen embargo, unha serie de erros e despistes eran penalizados polos de Cangas que teñen cómo maior fortaleza a regularidade coa que xogan todos os partidos. Isto fixo que se chegase ao descanso con 10-14 no marcador. 

Á volta dos vestiarios un equipo carballés desdibuxado anulaba calquer oportunidade de remontada con varios erros nos primeiros minutos. A partir de ese momento os carballeses fóronse completamente do partido e a segunda parte foi de un só equipo. De este xeito o resultado final 18-32.

ALS XIRIA A  20 – OAR CORUÑA 18

Os carballeses afrontaban este partido con unha gran cantidade de minutos nas pernas. Con todo, para este partido facía falta sacar forzas de fraqueza pois estaban en xogo 2 puntos moi valiosos. 

Dende un comezo os carballeses mostraron ían a pelexar o partido dende a defensa, moi sólidos dende un comezo contra os 1vs1 fortes dos coruñeses.  A pesar de esta fortaleza defensiva o partido estaba a ser igualado, xa que os carballeses non estaban moi acertados na faceta ofensiva.

Os carballeses marcharon ao descanso con unha lixeira renta no marcador, sen embargo, unha nefasta saída dos vestiarios facía que os da coruña conseguiran un parcial de 3 goles a favor con un xogador menos. A partir de ese momento os de carballo repuxéronse dende a defensa e conseguiron remontar o encontro, con uns intres finais de moita tensión. Con todo, 2 importantes puntos quedan en Carballo.