O Calvo Xiria consegue una nova vitoria nun mal encontro

Foi o peor encontro dos de Carballo esta tempada, que tiveron que aplicarse a fondo para superar a SAR de Redondela, penúltimo clasificado. Os inicios non parecían presaxiar tal desenlace, xa que os verdinegros maniataban o seu rival que xa tiñan que pedir tempo morto no minuto seis con un 5-0 en contra. 8-2, 9-4 e 12-6, eran os seguintes parcias. O partido estaba a ser moi prácido, pero o curtocircuito comenzaría ente o minuto vinte e vintecinco. Neses cinco minutos, o marcador non se movería (12-6) e os locais cometerían ata oito erros sos contra o porteiro. Dun resultado que xa podería ser definitivo, pasouse a un 13-8 cando remataba a pimeira parte, una distancia cómoda pero nin moito menos inalcanzable para os de Redondela.

Na segunda parte foi cando un irrecoñecible Calvo Xiria complicouse a vida. Atascados no posicional (tan so 9 goles en trinta minutos), sin movilidade alguna e cunha defensa blandiña, falta de profundidade e de basculación, deulle esperanzas aos visitantes que incluso conseguían adiantarse no minuto 26, cando o encontró xa tocaba o seu fin (19-20).

O positivo deste mal día, foi que o Calvo Xiria non se víu atenazado polos nervios e sempre confiando na súa teórica superioridade, sacou adiante o partido nos últimos minutos, aumentando a concentración e a intensidade  defensiva e “roubando” tres balóns de forma consecutiva para seguir invicto nesta segunda volta e agotar todavía as opción de acadar o primeiro posto nas dúas xornadas que restan.

Calvo Xiria: 22 (13+9). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Andrés Vila (2), Carlos Vilanova (4), Gabriel Castiñeiras (5), Julián López, Brais Puñal, Fran Rey, Juan Carlos Rodríguez (4), Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (2), Alejandro Calvete (1), Chimpo (3), Miguel Suárez – Pumariega.

SAR Platic Omnium: 20 (8+12). Manuel Piñeiro, Juan A. Araujo (4), Yeray Soutullo, Brais Monroy (4), Imanol Cobian (1), Gabriel Pazos, Sergio Táboas, Iván Vázquez (4), Daniel Pereira, Iago Vidal (1), Manuel Ferreira, Lucas Bouzón, Nicolás Manuel Nantes (3), David Chao (3).

Parciais cada 5´: 4-0/8-2/9-4/12-6/12-6/13-8 /Descanso/14-11/16-14/18-15/18-17/19-19/22-20/ Final.

Colexiados: Javier Gutierrez e Fernando López. Non estiveron acertados no día de hoxe, inda que non influiron no resultado final.

Incidencias: 28ª xornada do campionato da 1ª nacional masculina celebrada no pavillón Vila De Noia de Carballo ante trescentos seareiros.