O Calvo Xiria empata nun Vila de Noia tinguido de verde

Partido duro e igualado o que se puido ver no Vila de Noia con máis de 500 afeccionados verdinegros; entre o Calvo Xiria e o Balonmán Ribeiro ourensán.

O encontro estivo marcado pola igualdade en todo momento, con ambos os equipos nunha diferenza máxima de dous goles. Tras o primeiros trinta minutos de xogo, chegábase ao tempo de descanso cun marcador de quince a catorce favorable ao Xiria. Tras o paso por vestiarios, o guión era o mesmo, en canto á igualdade xerada, cos carballeses por diante, pero sen máis de dous goles de vantaxe e co Ribeiro impedindo que se marchasen no electrónico, en parte grazas á actuación do seu porteiro que estivo acertado nos momentos chave para agarrar ao partido ao seu equipo.

A falta de cinco minutos do final, o resultado era de empate (25 a 25). Ambos equipos lograron anotar un novo tanto que igualaba a contenda, deixando ao Ribeiro coa última posesión. O Calvo Xiria lograba roubar con escasos segundos restando para o final do choque. David García Pichel chegaba a lanzar, pero a falta de tempo fixo que optase por un lanzamento rápido que saíu centrado o que facilitaba a parada do gardameta rival e impedía desta maneira a vitoria do Calvo Xiria.

Calvo Xiria 26 – Bm Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal 26

Calvo Xiria (15+11): Darío Calviño (p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras (3), David García (1), Fran Rey (1), Julián García (1), Chimpo Rodríguez (5), Diego Antelo (2), Mario García (2), Carlos Varela (1), Marcos Amarelle, Mario Cancela (7), Edu Cousillas (2).

Bm Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal (14+12): Ángel Taboas, Pablo Gayoso (1), Daniel López (3), Celso Ramón Sotelo (4), Pablo Lorenzo (3), Ángel Riveiro, Xacob Novoa (4), Mateo González, David Costa (3), Nicolás Alberte (1), Mario Fernández (1), Jacobo Rodríguez (1), Xoel Martínez (4), Jacobo Soto (1), Rubén González, Manuel Cerviño.

Árbitros: Marcos Pérez e Alberto Fernández

Marcador cada 5 minutos: 3-2, 6-5, 8-7, 10-9, 14-12, 15-14, (descanso), 15-15, 18-17, 21-20, 24-22, 25-25, 26-26 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 18ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).