Cómoda vitoria do Tubasys na casa

TUBASYS XIRIA 25 – 7 BALONMÁN XALLAS FC. 

Décimo encontro de Liga Prata que mantén ao Tubasys na sexta posición. Encontro no que as xogadoras se sentiron cómodas tanto en ataque coma en defensa, e que se viu reflexado no marcador dende o comezo do partido. Indo ao descanso 10-6 para o Tubasys, na segunda metade cun incansable traballo defensivo e boas accións en portería conseguiron que o Balonmán Xallas só anotara 1 tanto en 25 minutos. 

As do Tubasys conseguiron unha importante vitoria para non baixar postos na táboa, a xornada seguinte xogará fóra da casa contra o Hotel Spa Bosquemar Rasoeiro Bm, un rival duro que se mantén na terceira posición da Liga Prata. 

Tubasys Xiria: Lara Pensado, Celia Pacoret, Sofía España, Noa Porteiro (6), Alba Mourelle (7), Carmen Fuentes (2), Alba Lamas (1), Paula Andrade (3), Lara Sande (3), Manuela Eirís, Lola Eirís (3).