O Calvo Xiria gaña na difícil pista do Teucro

Un Calvo Xiria que viaxaba curto de efectivos para a disputa do partido, soubo defender en bloque e cambiar o ritmo do partido no ataque da segunda metade loitando ao longo dos 60 minutos diante do filial do Teucro que se mostrou combativo.

A primeira metade foi con clara cor defensiva para os dous equipos. Algarismos baixos e un Xiria que empezou ben, foise diluíndo no ataque posicional, retenedo en exceso o balón e incorrendo en faltas innecesarias para o xogo combinativo dos bergantiñáns. Así o resutado ao descanso era de 10 a 9 e os de Xiria empezarían cun xogador menos a segunda metade.

Tras o paso por vestiarios, o Calvo Xiria, tería que repoñerse dunha nova exclusión, pero unha vez recuepados no 6×6, consolidou o seu xogo de ataque e foi mellor que o Teucro que empezaba a ter dificultades en defensa. Estableceuse a máxima diferenza de 4 goles a falta de 10 minutos, pero o Calvo que atravesou un momento de dúbidas no balance defensivo, soubo corrixir a tempo, aínda que unha exclusió final diu ás aos locais. Os de Xiria que destacaron cun gran labor colectivo mantiveron a calma e fixéronse con dous puntos moi valiosos nunha pista que nos últimos anos estábaselle atragoando.

Teucro Colegio San Narciso 26 – Calvo Xiria 28

Teucro Colegio San Narciso (10+16): Raúl Perez, Juan Estévez (1), Jose Luis Arosa (2), Pedro Sánchez, Iago Rodríguez (2), Roi Sierra (4), Alejandro Gómez (2), Álvaro Salgueiro, Sergio Lorenzo (1), Andrés Pérez (6), David Rey (4), Jacobo Rio (1), Cristian Remeseiro, Andrés Urbieta, Diego Prada (3), Raúl Nogueira.

Calvo Xiria (9+19): Antonio [p], Juan Carlos Rodríguez (4), Chimpo Rodríguez (7), Manu Méndez (1), Jorge Bouzas (2), Edu Cousillas (2), Julián (2) -equipo inicial-, Iago [p], Adrián Losón (1), Brais Puñal (2), Fran Rey, Cristian Canosa (7).

Exclusións: Teucro 1; Roi Sierra (15´); mientras el Calvo Xiria 4; Cristian Canosa (26´), Fran Rey (29´), Adrián Losón (31´), Manuel Méndez (58´)

Maracdor cada 5 minutos: 2-3, 4-5, 6-6, 6-8, 9-9, 10-9 (descanso); 14-12, 15-15, 16-17, 20-22, 22-25, 26-28 (final).

Árbitros: Javier Jimenez e Álvaro Sierra

Incidencias: Partido correspondente á novena xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra, ante uns 200 afeccionados.