O Grupo Lemaco Xiria gaña ao Oar Coruña nun novo derbi

Os xogadores de Carballo, foron mellores e máis constantes ao longo do encontro; levándose así unha vitoria ben traballada; a segunda consecutiva.

Uns minutos iniciais de partido favorables ao Xiria, que saltou á pista máis concentrado que o seu rival, permitián establecer o 1 a 5. Tempo morto dos locais que se foron recuperando do seu mal inicio. O Xiria xogaba con pequenas vantaxes de 2 e 3 goles, pero non conseguía romper o partido en parte grazas á actuación do porteiro oarista. Ao descanso chegábase con 13 a 16.

Tras a continuación e despois duns minutos con intercambios de goles por parte de ambos os conxuntos, un Xiria con facilidade para marcar goles en ataque, axustaba a súa defensa e poñía terra polo medio, no marcador, unha diferenza de 8 goles, que o Oar trataría de recortar pero o Xiria contralaría ben a situación, facéndose así cos dous puntos.

Investo Oar Coruña 28 – Grupo Lemaco Xiria 36

Investo Oar Coruña: Daniel Garea, Adrián Pérez (9), Joel Rabade (3), Rene Hugo, Antón Casas (2), Marcelo Gil (4), Ramón López (4), Nicolás Pérez, Marcos López (3), Cristovo Mateo Castro, Efrén Oviaño (4).

Grupo Lemaco Xiria: Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Alejandro Vázquez [p], Juan Martín Fajardo (2), Martín Fuentes (5), Nicolás García (1), Andrés García (2), Miguel Goimil, Pedro Porteiro, Bruno Facal (1), Esteban Puñal (10), Ángel Viña (1), Samuel Regueira (4), Samuel Veiga (2), Julián García (8).

Árbitros: Álfredo Manuel Balado do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á oitava xornada da división de honra cadete masculina disputado no pavillón San Francisco Javier (A Coruña)