O Calvo Xiria gaña na pista dun correúdo Granitos Ibéricos Carballal

Tivo que pelexar o Calvo Xiria ata o asubío final, para conseguir unha vitoria, que visto os resultados da fin de semana foi de suma importancia. Aumenta a vantaxe co terceiro clasificado; e é que esta tempada cada partido e cada rival conta, e por agora o Calvo Xiria está a mostrarse o máis fiable.

Os primeiros instantes do encontro, onde os dous equipos mediron as súas forzas; o ritmo alto do Calvo Xiria, ante un Carballal ben estruturado no ataque posicional.

O Xiria tivo que repoñerse de dúas exclusións antes do minuto 15 e unha vez axustada a defensa 5:1, conseguía pequenas vantaxes de 3 goles. A defensa 6:0 dos locais, non freaba a velocidade de balón do Calvo Xiria e ao descanso reflectíase un 13 a 17, máxima vantaxe ata ese momento, con gol de Álex Gómez sobre a bucina.

Tras o paso por vestiarios, os de Vigo, cambiaban o sistema defensivo a 5:1; pero a efectividade e mobilidade dos xogadores de Xiria, seguíase impoñendo no 40×20; chegando ao minuto 43 con 21 a 26; obrigando a Fran González a reorganizar aos seus.

A saída do tempo morto foi clave para xogar os minutos restantes. A defensa presionante empezou a facer efecto aínda que ben é certo que o Xiria tivo varios lanzamentos de 6 metros que puido aproveitar e non o fixo. Sumado a que defensivamente tivo os seus peores minutos; pois fixeron que o Carballal recortase a diferenza ata empatar o encontro a 30 goles a menos de dous minutos para o final; onde o Xiria foi máis eficaz cara portería e serviulle para facerse cunha nova e sufrida vitoria.

A semana que vén pecharán a primeira volta, diante da SAR Plastic Omnium; actual filial do Cisne.; que ocupa a sexta praza do grupo A.

Calvo Xiria 32 – Granitos Ibéricos Carballal 30

Calvo Xiria (17+15): Antonio Mato (p), Iago Gómez (p), Fari (3), Gabriel Castiñeiras (3), Fran Rey (1), Dani Mallo (3), Chimpo Rodríguez (1), Diego Vega (2), Juanka Rodríguez (2), Manu Méndez (2), Alejandro Gómez (2), Jorge Bouzas (2), David García (10) Adrián Losón (1), Edu Cousillas.

Granitos Ibéricos Carballal (13+17): Brais Fernández (p), Iago Suárez (p), Samuel Rodríguez (3), Pablo García (2), Rodrigo Mariño (1), Juan José Basante (7), Iván Soage, Jorge Navarro, Roi Gallego (3), Alejandro López (4), Borja Romero, Ignacio Costas, Iván Fernández (1), Iago Costas (2), Alberto Romero.

Marcador cada 5 minutos: 2-3, 4-6, 7-8, 8-11, 10-13, 13-17, (descanso); 16-20, 18-23, 22-26, 25-26, 27-29, 30-32.

Árbitros: Abel Juncal e Ángel Mateos, do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á décimo cuarta xornada do Grupo A de a Primeira Estatal, disputado no pavillón mpal De Candeán, en Vigo.