O Calvo Xiria imponse con claridade ao Rodosa Bm Chapela
O partido rompeu no minuto 5; cando o Calvo Xiria diu efectividade ás súas accións de ataque, en tanto que a defensa impoñía o ritmo desexado para ir aumentando as…

Ao descanso 9 – 19sábado 6 de novembropabellon municipal Manuel González SotoPrimeira división estatal masculina · Primeira fase · Grupo A · Xornada 7
O partido rompeu no minuto 5; cando o Calvo Xiria diu efectividade ás súas accións de ataque, en tanto que a defensa impoñía o ritmo
desexado para ir aumentando as diferecia no marcador. Ata chegar ao resultado final de 17 a 38.
O inicio do partido empezaba cos locais 2 a 0; pero sería un espellismo, xa que o despligue amosado polo Calvo Xiria sobre o
40×20; dáballe unha diferenza substancial no minuto 15.
Os locais trataban de frear o vendabal ofensivo mediante un tempo
morto; pero o Xiria mantiña o ritmo de xogo grazas aos cambios. Así
ao descanso chegábase co partido practicamente resolto (9 a 19).
A segunda metade foi un calco da primeira, os primeiros goles do
Chapela, recortaban diferenzas, pero o Calvo Xiria serio e concentrado nas tarefas a realizar durante os 60 minutos, impoñía o seu xogo e volvía endosar un amplo parcial, que lle outorgaba unha clara vitoria, na que destacaría o debut do porteiro xuvenil Darío Calviño; parando incluso uns 7 metros.
Rodosa Bm Chapela 17 – Calvo Xiria 38
Rodosa Bm Chapela (9+8): Miguel Espiño (2), Ignacio López,
Marcos Serrano (1), Manuel González, David Figueirido (6), Carlos
Ferreira (4), Carlos Fernández (1), Pablo Romero, Yago Correa,
Daniel Fernández, José Francisco Rodríguez, Samuel Sarandeses (3).
Calvo Xiria (19+19): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Carlos
Guisasola, Gabriel Castiñeiras (7), Fran Rey, Carlos Varela (3),
Chimpo Rodríguez (5), Diego Vega (3), Manuel Méndez (4),
Alejandro Gómez (3), Jorge Bouzas (3), Aaron Rodríguez (2), Mario
Cancela (5), Edu Cousillas (3).
Marcador cada 5 minutos: 2-2, 3-6, 4-11, 5-13, 5-15, 9-19
(descanso); 11-21, 13-26, 13-28, 13-33, 16-34, 17-38.
Árbitros: Elena Rivas e Julio Villanueva do colexio galego.
.
Incidencias: Partido correspondente a sétima xornada do Grupo A
da Primeira Estatal disputado no pavillón Manuel González Soto
(Redondela).
O partido
- Ao descanso
- 9 – 19
- Exclusións
- 6
- Tempos mortos
- 2


