Ao comezo do encontro máxima igualdade entre os dous equipos; aínda que o Grupo Lemaco Xiria conseguía ir sempre por diante no marcador coa mínima vantaxe, grazas ao traballo defensivo que estaba a realizar. Unicamente faltáballe materializar mellor as accións ofensivas das que dispoñía, xa que se estaba acelerando en demasía nesa fase do xogo. Unha vez atopados os tempos de xogo adecuados, o equipo definiu mellor e as diferenzas o marcador disparáronse ata o 23 a 12 co que remataba a primeira parte.
Tras o descanso, intercambio de golpes nos primeiros 15 minutos, cos ataques impoñéndose claramente, as diferenzas mantíñanse estables, pero o Grupo Lemaco Xiria relaxouse en demasía e os fallos empezaron a sumarse desde a defensa ata en lanzamentos cómodos; o que permitiu aos visitantes reducir distancias. O marcador final foi de 36 a 32.
Os do Grupo Lemaco Xiria B, deberán seguir traballando para manter, durante todo o partido o realizado nos primeiros 30 minutos de xogo. A semana que vén viaxan a Santiago para enfrontarse ao Ribadosar; en xogo o liderado do grupo.
Grupo Lemaco Xiria B 36 – Cbm Narón Ferrolterra Grupo Capela 32
Grupo Lemaco Xiria B (23+13): Yago Sande [p], Lucas Amado, Brais Suárez (4), Máxi Días (1), Henrique Traba (5), Álvaro García, Diego Mourelle (6), Marcos Suárez (6), Aday Gómez (1), Simón Viña (5), Jorge Rodríguez, Daniel Periscal (8).
Carnes Do Ribeiro Ourense Provincia Terma (12+20): Pablo Gómez, Lucas Freire (4), Mario Casal (2), Manel Franco, Daniel Lamas (1), Óscar Rodríguez (8), Alejandro Paz, Mauro Piñeiro, Pablo Alejandro Lage (6), Mateo Sabio, Jorge David Portas (3), Jorge Catalán (8).
Marcador cada 5 minutos: 4-2, 7-5, 9-8, 13-10, 17-11, 23-12, (descanso); 26-15, 28-19, 32-22, 33-25, 35-27, 36-32.
Árbitros: Renzo Díaz e Manuel Pazos do colexio galego.
Incidencias: Partido correspondente a cuarta xornada do Grupo A da liga prata cadete, disputado no pavillón Ceip Fogar de Carballo.


