O Calvo Xiria logra unha nova vitoria diante do Balonman Cañiza

O Calvo Xiria segue de doce na primeira estatal, no Grupo A. Está vez conseguiu unha nova vitoria, ante un Balonman Cañiza que se mostrou peleón ata o último instante.

Os primeiros minutos do encontro, mantivéronse con moita igualdade, ata mediada a primeira parte, que grazas á profundidade de banco os de Carballo mantiñan o ton defensivo e conseguiron rápidas contras para poñerse por diante no marcador. Ao descanso nos ibamos con 16 a 13, e un Calvo Xiria que parecía ir a máis.

O paso por vestiarios, non lle sentou nada ben á defensa do Xiria; aínda que mantiña a vantaxe grazas aos goles desde a primeira liña. Os visitantes aproveitarían unha serie de exclusións para poñerse a un só gol; factor fundamental para que o Calvo Xiria non rompese o partido; xa que non conseguía frear os ataques do Cañiza nin cun menos.

Non foron uns bos 30 minutos para a defensa carballesa aínda que é certo, que resolvía en ataque e permitiulle levar a vitoria ante un rival que vai axustando as súas pezas co paso das xornadas.

A semana que vén, o Calvo Xiria xogará en Coia-Vigo, co Seis Do Nadal.

Calvo Xiria 33 – 30 BM Saeplast Cañiza

Calvo Xiria (16+17): Antonio Mato (p), Iago Gómez (p), Fari (6), Gabriel Castiñeiras, Julián López, Brais Puñal, Fran Rey, Chimpo (10), Franco Rial, Juanka Rodríguez (3), Manu Méndez (1), Álex Gómez (1), Jorge Bouzas (2), Adrián Losón (2) y Edu Cousillas (5).

BM Saeplast Cañiza (13+17): Miguel Guedes (p), Miguel Couñago (p), Pablo González, Isma Lago (3), Martín Dávila (3), Alejandro Pereiro (9), Pablo Martínez (5), Pablo Álvarez, Alejandro Gómez (1), David Costa (1), Xosé Canedo (3), Jesús Lago (1), Javier Bernárdez (2) y David Chao (1).

Árbitros: Francisco Fernández Herrero e Adrián Rodríguez Valdés do colexio Asturiano.

Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia (Carballo).