O Calvo Xiria reencóntrase consigo mesmo no derbi.

Era un partido vital para o Calvo Xiria o do pasado Sábado na pista coruñesa de S. Francisco Javier. Despois de dúas xornadas sen coñecer a vitoria, os carballeses debían de vencer para non ceder a segunda posición a favor de Lalín e sobre todo, debían de facelo recuperando sensacións, co xogo vivo e intenso que caracteriza ao equipo para disipar todas as dúbidas destas últimas semanas. O escenario era complicado, xa que o OAR, a pesar das baixas, viña de derrotar ao Unión Financera de Oviedo e de poñerlle as cousas moi difíciles ao Lalinense, dous dos conxuntos potentes da categoría. O contexto dun derbi tampouco facía prever un escenario habitual e precisamente esas interrogantes deixaban certa inquietude na parcela visitante.

O partido comezaba ao fío das 20:00h e dunha plumada, o Calvo Xiria respondía a todas as interrogantes. Aínda non se consumiran 5´e os locais debían de solicitar o seu primeiro tempo morto para frear o vendaval dos verdinegros (0-3). A intensidade, a mentalidade e a forza coa que o Calvo Xiria saíra ao 40×20 do pavillón coruñés, eran argumentos máis que suficientes como para saber que a mellor versión do conxunto bergantiñán estaba de volta. O 6:0 defensivo elevaba un muro infranqueable fronte á portería defendida por Iago Gómez e este respondía de forma sobresainte aos balóns que superaban a muralla verdinegra. No ataque, os carballeses despregaban un xogo veloz e colectivo para dominar ao seu rival, que se vía desbordado ante as múltiples variantes tácticas empregadas por aqueles.

Era tal a disposición competitiva dos visitantes, que o encontro estaría visto para sentenza unha vez rematado o primeiro acto (10-21).

Un dos grandes meritos do equipo foi que o segundos trinta minutos foron exactamente idénticos. As gañas de recuperar o bo camiño e as boas sensacións, levaron ao Calvo Xiria a manter unha concentración e intensidade durante todo o tempo, pechando calquera indicio de reacción ao conxunto rival. Todos e cada un dos xogadores contribuíron a esta gran vitoria, o factor grupo e a determinación do mesmo, foron vitais para conseguir volver ao camiño correcto no mellor momento da tempada.

Investo OAR: 19 (10+9): Miguel Sio, Manu López, Dani Buño, Sergio Sarasola (5), Dani Picado (1), Alex Naya, Kevin Dacosta, Alberto Molina (1), Joaquín De Las Heras (5), Pedro Pereira (1), Mario Crecente (1), Alex Zas (4), Carlos Martín, Daniel McNamee (1), Adrián López, Eduardo Cousillas.

Calvo Xiria: 38 (21+17). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (2), Cuco (2), Julián López (2), Fran Rey, Brais Puñal (4), Pablo Iglesias (3), Carlos García, Chimpo (11), Juan Carlos Rodríguez (2), Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas (6), Alejandro Calvete, Enrique Pena (2), Iván Amarelle.

Parciais cada 5´: 0-3 / 2-7/5-12/ 7-14/ 9-18/ 10-21/Descanso/12-25/ 13-27/ 16-29/ 16-32/ 17-36/ 19-38. Final

Colexiadosa : Francisco Fdez e Adrián Rodríguez. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro da 24ª xornada da 1ª nacional celebrado no pavillón municipal de S. Francisco Javier. Boa afluencia de público de Carballo, aínda que moitos deron volta unha vez chegados ao pavillón herculino por considerar abusivo o precio de 10€ na entrada e discriminativo ao ser un precio marcado tan só para os siareiros de Xiria.