Primeira vitoria do Marmoleria José Rey nestes cruces provinciais

Os locais saíron moi ben dende o inicio no ataque, atopando ocasions claras de gol rápidas é de seis metros, onde ainda non rematabamos de axustar ben era en defensa, os ataques do rival eran moi insistentes nas zonas exteriores onde nos atopamos superados repetidas veces no encontro. Cabe destacar o xogo dos visitantes no ataque, que se situaron repetidas veces con porteiro xogador, algo novo para os nosos, que comezou sorprendendo pero rematamos sacandolle vantaxe. Chegariamos ao descanso cun 17-16 no marcador.

A segunda metade foi diferente, conseguimos axustar os erros da primeira metade nas zonas exteriores, e o noso bloque central da defensa seguía mantendo una gran dureza e rapidez coa cal comezamos a recuperar balons. O noso ataque seguía estando moi acertado nas accions rápidas de contraataque e seguíamos aumentando a distancia no marcador ata rematar cun 41-31.

Marmolería José Rey 41(17+24): Alex Tato, Manuel García, Dani Bello(4), Manuel Perez(5), Hugo García(3), Manuel Rey(8), Ángel Villar, Bruno Facal, Miguel Cambon(4), Marcos Amarelle(11),Samuel Quintela.

Bm Linea 21  31(16+15): Pablo Castiñeira, Adrián Río(2), Hugo Bello, Dani Gonzalez, David Martinez(5), Marcos Vidal(2), Daniel Sampaio(4), Samuel Costa(8), Rubén Sampaio, Alvaro, Sergio Lado, Eloy Santiago, Hugo Santiago(10), Dani Queije