O encontro entre Balonmano Ingenio e o Calvo Xiria tiña como obxectivo mellorar a clasificación no Campionato Estatal De Primeira División Masculina, nesta xornada 26.
O partido comezou cun dominio claro no marcador de Balonmano Ingenio; tan só 5 minutos de xogo, o marcador xa reflectía un 4-1 a favor do equipo local. Con todo, o Calvo Xiria errático no lanzamento desperdiciara ata 7 ocasións desde 6 metros; o que levou ao adestrador local Felipe Borges a solicitar tempo morto a pesar de ir por diante.
A medida que avanzaba a primeira parte, ambos equipos intercambiaron goles, o Calvo Xiria máis acertado, dáballe a volta ao resultado 8-10; pero os últimos 5 minutos cometeron erros impropios dun partido deste calibre e Ingenio marchábase ao descanso por diante 13 a 10; grazas en gran parte; a cómodos contraataques.
Na segunda metade, o Calvo Xiria saíu decidido a reverter a situación. Cun inicio explosivo anotando cinco goles consecutivos nos primeiros minutos, tomaron a dianteira por sugunda vez no encontro (13-15). A pesar dos esforzos defensivos de Ingenio, as xogadas fluídas e rápidas dos de Carballo permitíronlles establecer unha vantaxe considerable. O equipo estivo mellor axustado na faceta defensiva e isto traduciuse nunha maior efectividade ofensiva que finalmente levou ao Calvo Xiria a conquistar o partido cun contundente 28-33.
Este resultado ten implicacións significativas, xa que o Calvo Xiria busca mellorar os números da pasada tempada, a falta de 4 xornadas depende de se mesmo para logralo.
Bm Ingenio 28 – Calvo Xiria 33
Bm Ingenio (13+15): Alejandro Peña, Domingo Castro (2), Rafael Sánchez (3), Pablo Hernández (2), Michael Martín (4), Jordan Xerach Peña (3), Carlos José Sánchez, Armando Santana (1), Gabriel Sánchez, Jesús Roberto Santana (3), Jon Ander Malde (3), Daniel Jesús Martín (6), Luis Gabriel Hernández, Samuel Cabrera, Daniel Muñoz (1).
Calvo Xiria (19+23): Antonio Mato (1p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (3), Gabriel Castiñeiras (3), David García (3), Chema Negreira (1), Pablo Veiga (4), Julián García (5), Daniel Periscal (3), Jorge Bouzas (1), Mario García (2), Diego Gago (1), Mario Cancela (3), Senén Garea (3).
Árbitros: Carlos Vera e Alberto Vera.
Marcador cada 5 minutos: 4-1, 4-1, 7-6, 7-8, 8-10, 13-10, (descanso), 15-14, 17-18, 19-23, 20-25, 24-29, 28-33 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 26ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Pedro Padilla (Ingenio).


