O Calvo Xiria supera as súas baixas e imponse ao Teucro

Chegaban os locais con tres baixas e dous xogadores “tocados” ante o difícil enfrontamento contra o Teucro: Iván Amarelle por motivos persoais, Cuco, que segue en proceso de recuperación tras a rotura no xemelgo que se producíu na segunda xornada e Juan Carlos, que caía da convocatoria a última hora de onte por un proceso febril, eran os tres xogadores que non ían disputar este partido, pero a maiores, Fran Rey sentaría no banco sen estar aínda recuperado dunha escordadura leve de nocello e Julián, faría o propio cunha importante contractura no pescozo que lle impedíu adestrar durante toda a semana e que aínda non superou.

Nos prolegómenos do envite, os integrantes do Calvo Xiria levarían a cabo un emotivo acto como recoñecemento a Saúl Fuentefría, xogador benxamín do club e incondicional seguidor e animador en todos os partidos dos equipos de E. BM.Xiria. Os capitáns do conxunto bergantiñán, fixeron entrega dun bombo coa firma de todos os compoñentes do cadro de persoal a Saúl, valorando o seu destacado empeño como aficionadoy seguidor número un.

No referente ao encontro en se, o Calvo Xiria sairía ao corenta por vinte ben asentado na súa defensa 6:0 e atacando no posicional a defensa 5:1 dos pontevedreses de forma sobresainte, aínda que con problemas na definición final. Así foi que no minuto dez, os locais levaban xa catro lanzamentos errados desde os seis metros e cinco perdas de balón que non permitían que se reflectise no electrónico a superioridade mostrada no xogo (3-2). O cambio defensivo a 5:1, foi o punto de inflexión no que se apostou o conxunto de Carballo para recuperar balóns, provocar os erros do seu rival e asinar un parcial que lle levaría a unha cómoda vantaxe de catro goles no descanso (14-11).

Na continuación e segundo ían pasando os minutos, o Calvo Xiria continuaba crecendo no seu xogo e o marcador aumentando a favor dos verdinegros, que no minuto corenta xa superaba ao seu rival por oito goles de diferenza (21-13). A distancia seguiría aumentando ata os dez goles, para finalizar con ese marcador de 30-20 que fai que o Calvo Xiria continúe invicto e colider, á espera de visitar o vindeiro sábado ao Carnes Doribeiro-Ourense Provinia Termal, unha das canchas máis complexas deste inicio de liga.

Calvo Xiria: 30 (15+15). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (1), Gabriel Castiñeiras (4),  Julián López, Brais Puña (1), Fran Rey, Pablo Iglesias (5), Chimpo (8), Carlos García (3), Iago Franco, Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (1), Alejando Calvete (1), Enrique Pena Pensado (1).

Teucro Colegio San Narciso: 20 (11+9). Angel Noya, José Luis Arosa (3), Iago Rodríguez (2), Guillermo Portabales (1), Alejandro Gómez (3), Álvaro Salgueiro, Andrés Pérez (1), Anxo Vidal (1), Víctor Husson (3), Diego Prada (2), Alberto Garrido (4), Jacobo Río, Mario Chan, Christian Remeseiro.

Parciais cada 5´: 2-1 / 3-2/ 6-5/ 10-9/ 14-11/ 15-11/Descanso/18-12/ 21-13/ 22-14/ 25-16/ 28-17/ 30-20. Final

Colexiados: Pablo González e Javier Miranda. Levaron o encontró sen complicacións.

Incidencias: Encontro da 7ª xornada da 1ª nacional celebrado nun pavillón Vila De Noia con boa afluencia de público.