O encontro entre Bm. Porriño e Calvo Xiria, correspondente á xornada 15 do Campionato Estatal de Primeira División Masculina, foi crucial para ambos equipos. Mentres os locais loitaban por escapar dos últimos postos na clasificación, os visitantes buscaban consolidar a súa posición na parte alta da táboa.
A primeira metade comezou cun intercambio rápido de goles; Jesús Maquieira abriu o marcador para Bm. Porriño (minuto 3) pero rapidamente Samuel Veiga igualou para o Calvo Xiria. Ambos equipos mostraron unha boa predisposición ofensiva e un ritmo alto de partido, con todo, o Calvo Xiria conseguiría a súa primeira vantaxe (3 a 6) no minuto 10, grazas ás intervencións de Darío Calviño, moi concentrado en todo o encontro, e a eficacia goleadora de todo o equipo neste inicio.
A medida que avanzaba a primeira parte, o Calvo Xiria aumentou a súa vantaxe, mostrando coas rotacións que todos estaban enchufados neste transcendental último encontro. David García quen marcou varios goles desde posición lateral e xerou opcións mediante penetracións rápidas, ocasionaron que o adestrador local, Dani Benaches pedise tempo morto no minuto 16 coa máxima vantaxe de 5 goles nese momento.
Ao final desta metade, o Calvo Xiria pechou cun marcador favorable de 10-16. Quedaban 30 minutos craves para poder sumar os dous puntos.
Na segunda metade, Bm. Porriño saíu decidido a recortar diferenzas e logrouno parcialmente ao anotar dous goles consecutivos ao comezo (Iñigo Silva desde o pivote). En ataque posicional, aparecía o oportunista Chimpo Rodríguez para anotar e tratar de manter a vantaxe. Pero o Calvo Xiria perdía eficacia goleadora, coas intervencións de Miguel Couñago en portería, pero a preocupación defensiva nas situacións 2×2 co pivote eran o que máis tería que corrixir. Así chegados ao minuto 41 (19 a 20), Adrián Dubra tiña que pedir tempo morto para frear a remontada do Porriño. Jorge Bouzas volvía liderar a defensa, o equipo poñíase o mono de traballo e devolvía a distancia ata os 4 goles. Saúl Candán con algunhas penetracións conseguía meter goles para o seu equipo, pero a defensa do Porriño non puido conter as acometidas finais que levaron aos de Carballo a marcar ata tres goles seguidos cara ao peche do partido.
Finalmente, cun resultado total de 28-33 favorable para o Calvo Xiria, quedou claro que aínda que houbo esforzos destacados por parte do equipo local non foron suficientes fronte ao despregamento ofensivo constante mostrado polos visitantes durante todo o partido.
O Calvo Xiria segue crecendo na competición e márchase ás vacacións de nadal nunha notoria cuarta posición.
Bm. Porriño 28 – Calvo Xiria 33
Bm. Porriño (10+18): Miguel Couñago (p), José Álvarez (p), Saúl Candán (4), Iñigo Silva (4), Xosé Canedo (1), Fernando Mosquera (5), Jesús Maquieira (5), Martín Rodríguez (3), Pablo Álvarez, Paulo Ces, Pedro Gilsanz, David Costa, Eloy Molanes (2), Nahum Pérez (1), Yago Raimundez (3).
Calvo Xiria (16+17): Darío Calviño (2p), Antonio Mato (p), Esteban Puñal (2), Gabriel Castiñeiras, David García (5), Pablo Veiga (1), Julián García (3), Chimpo Rodríguez (3), Samuel Veiga (3), Julián López (2), Daniel Periscal (2), Jorge Bouzas, Mario García (2), Marcos Súarez (2), Carlos Varela (3), Senen Garea (3).
Árbitros: Jordi Pinilla e Eric Deiros.
Marcador cada 5 minutos: 2-2, 3-6, 5-8, 6-11, 8-14, 10-16, (descanso), 14-18, 17-20, 19-22, 21-25, 24-28, 28-33 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 15ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón mpal de Porriño (Porriño).


