Nova xornada de competición para os equipos do Garaysa Xiria, con resultados diferentes pero que deixan aprendizaxes importantes.
O Garaysa Xiria A sumou a súa segunda vitoria nesta Fase polo Título da Liga Prata tras impoñerse en Ribadavia por 28-36. O equipo carballés entrou moi ben ao partido, cun parcial inicial de 3-9 que marcou o ritmo do encontro. Porén, nos minutos finais da primeira metade chegou un baixón que permitiu ao rival igualar o marcador, marchando ambos equipos empatados ao descanso. Na segunda parte, os de Carballo recuperaron a súa mellor versión, cunha defensa intensa e un contrataque moi eficaz que lle permitiron abrir fenda no marcador e asegurar dous puntos importantes para irse ao parón con dúas vitorias en dous encontros.

Pola súa banda, o Garaysa Xiria B caeu derrotado ante o Ribadosar nun encontro no que os locais foron moi superiores en ataque. As numerosas perdas de balón e os erros de lanzamento penalizaron en exceso ao equipo carballés, que non puido competir polo resultado final, que rematou cun 36-22. O Garaysa B vaise ao parón con esta primeira derrota, que de seguro que lles servirá para volver con máis gañas.

Bo fin de semana para os dous equipos, cun Garaysa A consolidando o seu bo momento e cun Garaysa B centrado en seguir traballando e medrando como equipo.
A vindeira xornada será despois do parón de Nadal onde os dous equipos xogarán na casa o fin de semana do 10/11 de xaneiro frente a Luceros e Oar respectivamente.


