O Calvo Xiria triunfa no seu cuarto partido seguido; esta vez en Ribadavia.

Bo partido o disputado polo Calvo Xiria; que impuxo un ritmo alto desde o comezo adquirindo rapidamente vantaxe no electrónico e traballando con gran intensidade durante os 60 minutos; ante un Carnes Doribeiro Ourense que se espremeu ata o asubío final.

Un comezo defensivo abafador para o Calvo Xiria, que destruía o ataque local, e construía ocasións de gol, unha detrás doutra; chegando ao minuto 15, con 3 a 10. O Carnes Doribeiro repuxose do mal inicio, aproveitando as situacións de superioridade para frear as diferenzas no resultado. Un gol ao contraataque de Diego Vega, no último suspiro da primeira metade, dáballe ao Calvo Xiria unha vantaxe de +6 ao descanso (12-18). É que a banda dereita fixo moito dano ao contraataque neste partido.

Na continuación, os de Ribadavia incrementaron o seu propio ritmo, e o Calvo Xiria tivo algún problema para frear os contraataques de segunda onda; pero en ataque mantívose serio e a vantaxe non baixou dos catro goles. En canto axustou o balance defensivo, o Xiria volveu dominar o timing do partido e regulou ata o final do encontro, ao que se chegou con 28 a 35 con victoria para o Xiria.

Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal 28 – Calvo Xiria 35

Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal (12+16): Ángel Taboas (p), Rodrigo Touza (p), Iván Fernández (p), Aaron Díaz (9), Thiago De Oliveira, Juan Sotelo, Rafael Fernández (1), Celso Ramón Sotelo (6), Pablo Lorenzo (5), Javier Iglesias (3), Nicolás González (3), Nicolás Alberte, Mario Fernández (1).

Calvo Xiria (18+17): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Ramón Suárez-Pumariega, Fari (6), Gabriel Castiñeiras (3), Fran Rey (1), Dani Mallo (2), Chimpo Rodríguez, Diego Vega (2), Juanka Rodríguez (5), Manu Méndez, Alejandro Gómez, Jorge Bouzas, David García (6) Adrián Losón (2), Edu Cousillas (8).

Marcador cada 5 minutos: 1-3, 2-7, 3-10, 6-11, 8-14, 12-18, (descanso); 16-22, 19-24, 22-27, 23-29, 25-31, 28-35.

Árbitros: Alberto Fernández e Silvia Vázquez, do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á cuarta xornada do Grupo A da Primeira Estatal, disputado no pavillón O Consello, en Ribadavia.