O Calvo Xiria vence por 33-23 ó Congalsa Vidal Armadores

Non se podía perdoar e os carballeses deron boa conta do equipo visitante ó que non deron opción en ningún momento. Xa desde os primeiros compases se viu unha actitude á que non nos tiñan afeitos os de Juan Fernández que xogou con mestría as súas bazas presentando por momentos unha defensa 3-3 que lle daba a puntilla ós de Luciano. Especialmente meritoria foi a actuación de Villa que amargou a tarde dos lanzadores rivais, ben é certo que cando os compañeiros defenden coma na tarde do sábado …

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Javi ( 1 ), Fernando ( 3 ), Martín ( 8 ), Alfonso ( 4 ), Ayllón ( 4 ) e Miguel ( 5 ) – equipo inicial – Quique, Marcos ( 2 ), Mario ( 3 ), Sergio ( 3 ), Nando ( ), Álex ( ) e Pablo ( ).

– Polo Congalsa Vidal Armadores: Kevin, Federico ( ), Gestido ( 3 ), Iván ( 1 ), Arce ( 5 ), Ángel ( 7 ) e Soliño ( 2 ) – equipo inicial – Jose, Danilo ( ), Gabi ( 3 ), Tonio ( ), Andrés ( ) e Sampedro ( 2 ).

Marcador cada 5 minutos

2-0 / 5-2 / 6-5 / 11-8 / 13-9 / 15-9 / 17-10 / 21-12 / 25-15 / 29-18 / 31-21 / 33-23