O Calvo Xiria volve á senda da vitoria en Cañiza

O Calvo Xiria volve á senda da vitoria en Cañiza

Bo partido do Calvo Xiria; concentrado de inicio a fin, llendo de menos a máis, manexando os tempos de partido, foise cunha pequena vantaxe ao descanso e na continuación aos poucos foise facendo dono do partido para levar os dous primeiros puntos da segunda volta. No inicio do choque, intercambio de golpes entre ambos os conxuntos, con ataques que atopaban zonas de lanzamento ben traballadas e que poñían en dificultades ás defensas. Lamentar no minuto 6, Edu Cousillas lesionábase no xeonllo nunha caída, e as probas determinarán o alcance da lesión. A partir do minuto 15, o traballo defensivo que estaba a realizar o Calvo Xiria, empezou a dar os seus froitos, unido a unha boa dirección de ataque, o parcial foi de 4 a 7, para irse ao descanso 2 goles, por diante. Empezaría cun xogador menos o Calvo Xiria, durante pouco máis dun minuto. Cañiza quixo subir o ritmo desde atrás; pero a combinación de ataque, dió dous goles importantes; por medio de Gabriel e Chimpo e cando se recuperou ao excluído, a defensa impúxose aos locais, e foron tomando vantaxe. Unha leve reacción do Saeplast Cañiza, fixo que Antonio Mato aparecese nun momento no que o equipo o necesitaba, e unha parada de 7 metros, poñía o broche ao seu bo partido. Cañiza íase con dous defensas mixtas; pero o Calvo Xiria con máis espazos terminou por sentenciar o encontro. A semana que vén, regresa o balonmán ao Vila de Noia, para ver o enfrontamento entre o Calvo Xiria e o Magope Seis Do Nadal.

Balonman Saeplast Cañiza 24 – Calvo Xiria 33

Balonman Saeplast Cañiza (12+12): Víctor Doval, Pablo González (2), Nicolás Forero, Marcos Carrera, Carlos Rodríguez (2), Marcos Pequeño (1), José Martínez, Iñigo Silva (1), Cristian Canosa (7), Javier Bernárdez (3), Eloy Molanes (4), Adrián Losón (1), Alejandro López (3), Salvador De Cristofaro.

Calvo Xiria (14+19): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Julían García, Gabriel Castiñeiras (2), Francisco Rey (1), Hugo Rodríguez (4), Carlos Guisasola (1), Diego Vega (6), Diego Antelo (1), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas (5), Carlos Varela, Mario Cancela, David García (11), Eduardo Cousillas.

Parciales cada 5 minutos: 3-2, 6-5, 8-7, 9-10, 10-12, 12-14, (descanso) 14-17, 17-21, 20-25, 22-26, 23-29, 24-33.

Árbitros: Javier Jímenez e Álvaro Sierra.

Incidencias: Partido correspondente a 16ª xornada do Grupo A da Primeira Estatal, disputado no pavillón mpal de A Cañiza (Cañiza).