O Grupo Lemaco Xiria B gaña nunha gran primeira metade

Cbm Narón-Ferrolterra Grupo Capela 26 – Grupo Lemaco Xiria B 42

Cbm Narón-Ferrolterra Grupo Capela (7+19): Pablo Gómez, Mario Casal, Manel Franco, Daniel Lamas, Óscar Rodríguez, Alejandro Paz, Mauro Piñeiro, Pablo Lage, Mateo Sabio, Jorge Catalán.

Grupo Lemaco Xiria B (26+16): Antón Pardiñas (p), Yago Sande (p), Diego Barbeira, Brais Suárez, Máximo Andrés Días, Nicolás Cancela, Marcos Varela, Álvaro García, Diego Mourelle, Marcos Suárez, Aday Gómez, Simón Viña, Jorge Rodríguez.

Árbitros: Henrique Folgoso e Marcos Pombal.

Incidencias: Partido correspondente á 13ª xornada da Liga Prata cadete masculina disputado no Pavillón Campo Da Serra (Narón).

O Grupo Lemaco Xiria B reencóntrase coa vitoria en Narón. O equipo saíu concentrado nas tarefas que debían de realizar e na primeira parte deixaron o choque sentenciado con esforzo e coordinación; o resultado non deixou lugar a dúbidas da superioridade mostrada sobre a pista.

A segunda metade, os locais xogaron mellor, e á defensa do Xiria custoulle mostrar a solidez da primeira parte; tamén en ataque posicional, tiveron algunha perda de balón que ocasionou contraataques fáciles. O parcial non foi positivo nesta parte; polo que deberán seguir mellorando para futuros partidos.

A semana que vén teñen quizáis o partido máis difícil no que vai de ano; recibindo en Carballo, ao Bm Ribadosar.