O Calvo Xiria volve a senda do triunfo á conta do Bueu

Un partido con dúas partes diferenciadas. O Calvo Xiria foi superior na primeira metade; chegando mesmo aos 8 goles de diferenza. Na segunda metade; o equipo relaxouse en demasía o que provocou que o seu rival recortase ata os dous goles; pero o oficio do Calvo Xiria impúxose na parte final.

Unha vitoria importante; antes de descansar; xa que ata o día 10 de abril non volve a competición; cando o Calvo Xiria viaxa por última vez esta tempada ás Illas Canarias.

O partido; comezou con bo ritmo e intercambio de goles; con dous equipos aos que lles gusta a velocidade. A intensidade defensiva do Calvo Xiria empezaba a facer efecto no ataque visitante e aos poucos abrían vantaxe no marcador, para con 10-6, min 17; Ramón Curra chamaba aos seus para parar a sangría de goles; pero un Calvo Xiria, moi entoado neste tempo; seguía marcando diferenzas. No minuto 22; unha dobre exclusión poñía ao Bueu en situación de recortar a desvantaxe, pero Iago en portería e a mobilidade do ataque posicional, daban ao traste co intento. Ao descanso chegábase con 15 a 8, e un Calvo Xiria que se mostrou infalible.

Tras o descanso; o Bueu Atlético, non se rendía e o Xiria, desacertado nos primeiros compases; non estaba suficientemente concentrado, para materializar os lanzamentos, e o balance defensivo non aparecía ata o minuto 7. A diferenza quedaba en 5 goles (18-13) Os ataques carecían da velocidade e do xogo en penetración da primeira parte; o que provocaba que a xogasen ao lanzamento exterior.

A resolución dos ataques custaba máis; pero o Xiria que vía como o seu rival achegábase no marcador seguía por diante. A falta de 5 minutos (22-20); unha maior presión defensiva dos visitantes; onde o Xiria atopouse cómodo e sentenciou o partido co 27 a 23 final. Destacar a achega de todos os xogadores e a volta ás pistas de Gabriel Castiñeiras totalmente recuperado da lesión.

Calvo Xiria 27 – Bueu Atlético Balonman 23

Calvo Xiria (15+12): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (3), Gabriel Castiñeiras, Fran Rey, Dani Mallo, Chimpo Rodríguez (5), Diego Vega (2), Juanka Rodríguez (4), Manu Méndez, Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (5), Mario Cancela, David García (5), Adrián Losón (2), Edu Cousillas (1).

Bueu Atlético Balonman (8+15): Eduardo Alonso (p), Sergio Piñeiro (p), Mauro Bacelar, David Iglesias, Carlos Veloso (1), Carlos Martínez (2), Brais López (4), Martín Iglesias, José López (6), Andrés Bacelar (3), Abel Diz, Carlos Meira (6), Samuel Couso (1), Eloy Malvido, Raúl Piñeiro.

Marcador cada 5 minutos: 3-2, 6-3, 9-5, 11-6, 13-7, 15-8, (descanso); 16-10, 18-13, 20-16, 22-18, 22-20, 27-23.

Árbitros: Marcos Pérez e Pablo Torreiro do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo terceira xornada do Grupo A da Primeira Estatal disputado no pavillón Vila de Noia, de Carballo.