O Grupo Lemaco afiánzase na segunda praza

Balonmán Atlántico 29 – Grupo Lemaco Xiria B 39 – (13-18)

Remataba a primeira volta da Liga Ouro, e o Grupo Lemaco conseguía unha cómoda vantaxe en Oleiros diante do Atlántico, o que fai que permaneza na segunda posición detrás do favorito Balonmán Porriño.
Esta xornada diante tiña un equipo de similares características ao Xiria, con rápido e directos ataques o cal fai que teñas que ter máxima concentración defensiva, defensa aberta e arriscada en busca do balón que leva ao contrario a moitas perdas.
Estivo acertado sobre todo de cara a gol o Grupo Lemaco e iso e as paradas dos seus porteiros permitiron amosar a súa superioridade durante todo o partido, por veces moi precipitado e perdido en defensa pero en conxunto demostrando que con intensidade e concentración defensiva poden aspirar a moito este ano.

Balonmán Atlántico 29 (13): Enmanuel García, Daniel González, Marcos Vidal 1, Lucas Vilariño 4, Pedro Gil, Angel Ramos 10, Alexander Mendoza, Pablo Castiñeira 1, José Morales, David Martínez 5, Pablo Vara 1, Diego Lema 7

Grupo Lemaco Xiria A 39 (18): Alex Vázquez e Mateo Pallas (porteiros), Samuel Veiga 1, Erik Vázquez 2, Angel Viña 9, Alberto Rodríguez 2, Nicolás García 2, Xurxo Fraga 4, Samuel Regueira 8, Marcos Amarelle 1, Manu Rey 2 e Pablo Veiga 8

Arbitraou: Pablo Torreiro