O Calvo Xiria xogará a fase de ascenso a división de honra prata

Gran partido o realizado polo Calvo Xiria na tarde do sábado, que non diu ningunha opción no derbi ao Oar Coruña. A vitoria dá de forma matemática a clasificación para a fase de ascenso e o Calvo Xiria está a un só punto de alzarse co que sería o seu terceiro título de liga en primeira nacional.

O partido empezaba igualado, con algarismos baixos chegando ao minuto 5; 1-2, con dous balóns ao poste por parte do Xiria que mantiñan ao Oar por diante; aínda que, a partir dese momento, o acerto cara portería foi mellor; e o Calvo Xiria poñía a directa, ata provocar 2 tempos mortos dos visitantes, que non vían como frear un parcial totalmente desfavorable.

A defensa 5:1 do Calvo Xiria, impúxose sobre o 40×20, arroupando a Iago, e encaixando 6 goles en 30 minutos para enmarcar do cadro carballés.

A segunda metade, seguiu o mesmo camiño, o Calvo Xiria dominaba todas as fases do xogo e mantiña o ritmo durante todo o choque, a sabendas do que se xogaba. O público puido gozar do equipo que ao final do partido celebraba o éxito conseguido.

A afección de Carballo, espera ver como local, a fase de ascenso, e que se faga un esforzo para poder gozar desde as bancadas esa fin de semana. O equipo seguirá preparándose e adestrando para visitar o seu próximo rival; o Bm Luceros.

Calvo Xiria 37 – Oar Coruña 20

Calvo Xiria (17+20): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (4), Gabriel Castiñeiras (5), Fran Rey, Chimpo Rodríguez, Diego Vega (4), Juanka (4), Manuel Méndez, Alejandro Gómez (2), Jorge Bouzas (6), David García (7), Adrián Losón (1), Edu Cousillas (4).

Oar Coruña (6+14): Javier Pontanilla, Francisco Morettin, Josep Quirós (5), Pablo Martínez (2), Carlos Martín (2), Emanuel Sergio (1), Kevin Dacosta (1), Diego Piñera (3), Daniel Picado, Alejandro Naya, Pedro Pereira (3), Francesco Aragona, Santiago Lojo (1), Jaime Martín, Daniel Mcnamee (1), Adrián López (1).

Marcador cada 5 minutos: 1-2, 4-2, 9-2, 12-4, 14-5, 17-6, (descanso); 22-9, 25-12, 29-15, 32-17, 35-18, 37-20.

Árbitros: Javier Quesada e Javier Miranda.

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo sétima xornada do Grupo A de a Primeira Estatal disputado no pavillón Vila de Noia, de Carballo