LABER XIRIA, AO SECTOR ESTATAL

A pasada fin de semana disputouse a Final Four xuvenil en Pontevedra, dito evento viña a determinar cales eran os catro mellores equipos de Galicia. O Laber Xiria, logo de perder nas semifinais contra o Colegio los Sauces Cisne (29-21), acadou o terceiro posto tras vencer ao Carballal (28-30) e obtén unha praza para o sector do Campionato de España.

 

SEMIFINAIS,  COLEGIO LOS SAUCES CISNE – LABER XIRIA (29- 21)

O primeiro partido da fin de semana enfrontaba ao Laber Xiria cos anfitrións, o Cisne. O comezo do partido estivo marcado pola intensidade, sen embargo, xa nos primeiros minutos o Cisne conseguía abrir oco no marcador. Con todo o Laber seguíu loitando pero, unha e outra vez batía coa muralla da 6-0 que propoñia o equipo Pontevedrés. A piques de chegar ao descanso e, grazas a unha defensa 5-1 os carballeses conseguían recurtar distancias no marcador.

A volta do descanso o partido seguiu a mesma liña. Un loitador Laber non lle perdía a cara o partido en ningún momento,sen embargo,a maior fortaleza física do Cisne facía todo máis difícil. A pesares de non facer o seu mellor partido os carballeses mostraron loita e empuxe ata o final do partido.

 

3 e 4 POSTO, CARBALLAL –  LABER XIRIA (28-30)

Partido decisivo  que se afrontaba coma unha final por parte dos carballeses e, partido que daba acceso a unha praza no sector do campeonato de España. Debido a importancia deste partido os nervios foron unha parte fundamental no principio do partido, que comezaba con pequenas rentas a favor do Carballal. A partir de ese momento, grazas a unha boa defensa apoiada por unha portería moi acertada, o Laber conseguía darlle a volta ao marcador e comezar a poñer diferenzas no marcador. Un ataque moi dinámico só se vía freado polos cambios defensivos do Carballal, sen embargo, o criterio no ataque facía que as diferenzas continuaran a aumentar ata o 12-17 ao descanso.

A segunda parte foi todo o que se pode esperar nun partido no que te xogas tanto. Nun comezo os carballeses continuaban mantendo as distancias no marcador no que estaba a ser un vaivén dos ataques fronte as defensas.  Sen embargo, ainda que o Xiria contaba con unha ventaxa de 8 goles no ecuador da segunda metade, a parte final do partido foi de infarto. O Laber perdía o criterio no ataque por momentos e o Carballal ía recurtando distancia aos poucos. Con todo, o Laber conseguíu acabar vencendo grazas á labor defensiva que lle restou importancia aos numerosos erros finais do ataque.

Grazas a esta vitoria o Laber acadou a terceira posición do campeonato galego xuvenil e con ela unha praza no sector do Campionato de España. Recompensa ao traballo e entrega destes rapaces en cada adestramento e cada partido. A maiores, o porteiro carballés Mateo Pallas (cadete de segundo ano) foi nomeado mellor porteiro da Final Four.