O Camariñas levouse o “derbi” diante do Goldie Xiria

Encaixe Camariñas 28 – Goldie Xiria 18 (12-10)

Non se xogaban nada os equipos, pero un “derbi” sempre ten a emoción e a intensidade engadida nas xogadoras. Deste xeito saíu moito máis metido ao encontro o Camariñas, cunha defensa aberta sobre do ataque do rival, recuperando balóns e cobrando unha primeira vantaxe de 5 a 1. O Goldie adaptou o seu ataque con máis mobilidade das súas xogadoras e baixou en defensa a un 6:0, ao cal imprimiu maior intensidade de saída, o que equilibrou o encontro, chegando a empatar a 10 goles ao borde do descanso.

Na segunda metade as perdas de balón do Xiria, unido a efectividade goleadora do Camariñas, decantaban o encontro cun claro marcador para as locais. O Goldie veuse abaixo con ataques precipitados e excesivos desaxustes defensivos. Notáronse as ausencias nos cambios e na dosificación das xogadoras de primeira liña.

Encaixe Camariñas 28 (12): Nerea e Mirian (porteiras) Aida 5, Laura 3, Cris Barreiro 2, Sara Carril 4, María 5, Andrea, Cris Caamaño 1, Veronica, Cris Sande 2, Alicia 3, Karina 3 e Cris Blanco

Goldie Xiria 18 (10): Brenda Noya  e Aida Cangas (porteiras) Jessica Posse 4, María Gómez 1, Adriana Gómez 2, Juana Garrochena 4, Angela Pena, Zeltia Landeira 6, Natalia Solis, Sara Pombo 1 e Sheila Ferreiro .

Marcador cada 5 min .:   /5-1/  /6-4/  /8-6/  /10-9/  /12-10/  /12-10/   /14-11/ /18-12/   /19-13/   /21-15/  /25-15/  /28-18/

Arbitraron: Gabriel Folgoso e Pablo González, excluíron a Jessica Posse polo Xiria e a María polo Encaixe

Partido celebrado o domingo a mañá no Municipal de Camariñas.