Vitoria e terceiro posto para o Calvo Xiria

Vitoria e terceiro posto para o Calvo Xiria

Acadou dous puntos o Calvo Xiria que unidos ao empate do Chapela en Bueu deixa aos carballeses momentaneamente na terceira praza da liga, a tan so dous do segundo posto que ten nas súas mans o Seis do Nadal.
Saíu dende o asubío inicial o Calvo Xiria co obxectivo de levar a iniciativa no xogo e, por suposto, no electrónico para encauzar o partido o antes posible e evitar que un Lalín sempre perigoso na súa casa se metera no partido. Moita seriedade na defensa e unha serie inicial de oito lanzamentos sen erro, permitiron acadar unha diferenza de cinco goles rapidamente, que non só se mantivo senón que foi ampliándose co paso dos minutos. Mais non deu o brazo a torcer tan facilmente o conxunto do Deza, e aproveitando no inicio do segundo tempo unha superioridade 4 contra 6 foi quen de se achegar ate os tres goles. Pero de novo ca igualdade numérica impuxo o Xiria unha velocidade de xogo que non puideron seguir os locais. Nin as diferentes defensas propostas polo Lalín puideron variar o rumbo do encontro, xa que os carballeses souberon rompelas a través do seu xogo colectivo, tanto foi así que dos doce xogadores de campo once conseguiron materializar algún gol.
Agora toca traballar moito durante a semana para os carballeses xa que o vindeiro sábado enfrontarase ao Atl. Novás, rival que lle infrinxiu unha dolorosa derrota na primeira volta, 34 – 17, da que de seguro non se esqueceron os carballeses e que fará que poñan todo o seu empeño en devolverlle a moeda aos rosaleiros.

Incidencias: Partido disputado no Lalín Arena ante 250 espectadores, entre os que se atopaba un nutrido grupo de seareiros carballeses. Marcador cada cinco minutos: 0-4, 2-7, 4-9, 6-14, 8-16, 12-18 descanso, 16-21, 17-24, 20-26, 20-31, 24-33, 25-37
Colexiados: Mauro A. Montero Suárez e Ignacio Rubio Díaz do colexio madrileño. Excluíron por parte local a: Alexandre (13´e 32´), David (24´) e Miguel (38´e 50´), mentres que polos visitantes: Javier (27´), Brais (29´), Manuel (30´e 37´) e Alejandro (45´)
EMBUTIDOS LALINENSE BM LALÍN 25 (12+13): Carlos Durán [p], Iago González [p], Alberto Mouriño [p], Ramón Gil (3), Gustavo Lázara (2), Adrián Crespo (2), Bruno Fernández, Rubén Martinez (5), Miguel Porto (5), Alexandre Dacosta (1), Aser Pereira (1), José Pedreira (4), Xosé Hermida, Román Pedreira (1), Jorge Cortés (1), David Fernández.
CALVO XIRIA 37 (18 + 19): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema (4), Javier Rodríguez (1), Martín Alfeirán (2), Brais Puñal (3), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (2), Alejandro Calvete (2), Pablo Iglesias (9), Sergio Facal (4), Gonzalo Pombo (4), Mario García de Seárez, Iván Campos (1).

 clasificación