O Ifecgás Pereira Xiria, subcampión de liga de División de Honra xuvenil e participante nos sectores do Campionato de España, disputa este domingo, ás 12.00 h no Pavillón Municipal Vila de Noia de Carballo, a gran final da Copa Federación Galega fronte á Sociedade Deportiva Teucro Asegrup.
Este encontro, ademáis de servir como peche da tempada e de posibilitar a consecución dun título máis que engrose o palmarés de este exitoso grupo, cerra un ciclo inmellorable dun conxunto de rapaces que foron mellorando dende os seus inicios ata consolidarse na élite do balonmán galego e destacarse como dominador nos últimos anos na máxima categoría autonómica.
Neste contexto, os rapaces de segundo ano xuvenil que hoxe engrosan as filas do Ifecgas Pereira Xiria pechan unha etapa memorable para a entidade e auguran prosperos anos ao equipo sénior, coa súa inmediata participación ás ordes do técnico Marcos Rodríguez, técnico que por outra parte comenzara o traballo con estes rapaces dende os seus inicios pechando, desta forma, un círculo cheo de vivenzas deportivas e humanas.
Xa en idade infantil, con Fernando Vázquez e Fran Del Valle como técnicos, o grupo destacaba polo seu carácter competitivo e as súas posibilidades de crecemento a nivel individual e colectivo, pero non foi ata a etapa cadete cando apareceron os mellores anos deste equipo:
En cadetes de primeiro ano, o equipo destapouse como un dos conxuntos que mellor balonmán facía na liga. O dinamismo, velocidade e intensidade que imprimían no seu xogo non pasaba desapercibido para os siareiros e entrenadores contrarios, que sempre destacaron o bo facer de esta xeración. Ao remate da competición, o equipo de Carballo conseguía a terceira praza da liga regular e quedaba fora do campionato de España nun agónico partido xogado contra ó Octavio de Vigo en Balaidos. Un gol conseguido no último segundo polos olívicos deixaba fora da fase nacional a un conxunto que se mostrara moi superior ao longo da competición.
Pero o mellor estaba por chegar e tan só un ano despois, o chamado de aquela Vipecón Xiria, conseguía o título de campeón galego en categoría cadete, despois de manter unha dura pugna co Balonmán Lalín durante todo o campionato. A segunda praza conseguida na fase zonal do nacional despois de perder tan só contra un Ademar que á postre foi terceiro de España, descubríu a un equipo exitoso con moitas satisfaccións que dar todavía á familia do Xiria.
Ano a ano, o equipo íase superando e no primeiro ano xuvenil, xa coa denominación de Ifecgás Pereira, o conxunto bergantiñán repetía título galego e engadía ao seu palmarés o primeiro posto da fase zonal do campionato de España, celebrada en Carballo, para rematar unha tempada histórica como o oitavo mellor equipo de todo o territorio nacional.
Esta xeración chegaba ao último ano da sua etapa de formación con ganas dun novo éxito e con esa ilusión comezaba a sua andaina aló polo mes de xullo do 2012, unha vez máis ás ordes do técnico Fernando Vázquez, que xa acumulaba cinco anos con estes rapaces, nunha simbiose que resultou ben fructífera. A bagaxe non puido ser mellor. Nesta ocasión non se puido repetir campionato galego por terceiro ano consecutivo, pero o subcampionato galego facía posible que o Ifecgás Pereira disputase de novo unha fase do campionato de España, esta vez tamén en León. Nun encontro reñido e competido, o conxunto carballés caía nos derradeiros minutos contra o equipo anfitrión na segunda xornada do torneo e isto deixaba sen opción de pasar á seguinte fase aos de Xiria.
Xa chegados de terras leonesas, o Ifecgas Pereira, afronta esta fin de semana a gran final de Copa, que pode supoñer un derradeiro título como colofón de esta gran xeración que, a partir do ano que ven, daranos, a bo seguro, marabillosas tardes de balonmán, desta volta, xa no conxunto senior.
