Campionato de España Xuvenil

O Ifecgás Pereira Xiria, subcampión galego xuvenil, disputa esta fin de semana na localidade castelá-leonesa de León un dos sectores do Campionato de España da categoría. O equipo carballés deberá verse as caras co anfitrión e campión de Castela-León, Reale Ademar León, co 3º clasificado de Euskadi, Bidasoa Irún, e co campión de Cantabria, Albergue Corconte Pereda de Santander. Tan só o campión pasará á Fase Final, onde tan só quedarán 8 equipos mellores equipos do estado, algo que xa conseguira o Ifecgás Pereira Xiria a pasada campaña rematando na oitava posición final. Á xa de por si dificultada que presenta unha fase deste tipo, máis aínda xogando lonxe do seu feudo, hai que engadir a calidade dos rivais, onde destacan especialmente o Ademar, un dos clubs punteiros de España e con un gran traballo de base, e o Bidasoa, outro club histórico e de gran tadición de canteira.

A expedición carballesa que encabeza o técnico Fernando Vázquez estará composta por:
– Porteiros: Martín Gómez “Zúpez”, Fernando Fidalgo “Fidi” e Dani Buño
– Centrais: Jorge Bouzas, Rubén Gómez e Iván Calvo
– Laterais: Martín Alfeirán, Alberto Pereira, Álex García e Julián López
– Extremos: Rubén Anes, Edu Trillo, Javi Rodríguez, Enrique Pena e Óscar Esmorís
– Pivotes: Alejandro Calvete e José Mallo
Delegados: Juan Carlos Gómez e José Antonio Rodríguez

Gran parte dos xogadores, cando aínda eran xuvenís de primeiro ano, formaban parte do equipo que a pasada tempada quedou oitavo de España.

Os carballeses xogarán o venres ás 20.30 h fronte aos A. Coronte Pereda, o sábado ás 10.30 h fronte ao Reale Ademar León, e rematarán o sector o domingo ás 11.30 h fronte ao Bidasoa Irún.