Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socioBuscar

Infantil masculinoInfantil masculino B

O Garaysa ‘B’ despide o ano invicto na Liga Prata

Gran partido ofensivo de todo o equipo nun choque que os de Carballo dominaron en todo momento. Bm Narón 20 – Garaysa Xiria B 39 Garaysa Xiria: Román Pérez, Pablo…

Gran partido ofensivo de todo o equipo nun choque que os de Carballo dominaron en todo momento.

Bm Narón 20 – Garaysa Xiria B 39

Garaysa Xiria: Román Pérez, Pablo Seoane, Manuel P. Mira, Diego Varela, Héctor Castro Manuel P. Fieira, Rodrigo Castiñeiras, Dani Valencia, Pablo Martínez, Iker Martínez e Antón Cortés.

Incidencias: Partido correspondente á 9ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón de A Gándara (Narón)

Chegaba a 9ª xornada da Liga Prata infantil masculina e facíao co Garaysa B visitando a pista do Balonmán Narón. O choque comezaba moi parexo con ambos equipos dominantes a nivel ofensivo e cunhas defensas sen apenas contacto. A partires do ecuador da primeira metade, os carballeses apretaron e conseguiron chegar ao descanso cunha ampla diferencia de goles.

A segunda metade non tivo moita historia e o amplo marcador fixo que a intensidade de ambos equipos baixara, co que se chegaría ao final cun resultado de 20-39 a favor dos visitantes.

O Garaysa B segue sen perder no que vai de temporada e acaba o ano 1º da Liga Prata con 9 vitorias en 9 encontros disputados.

Próximo partido

Máis sobre isto