O Garaysa deixou de competir os últimos minutos do partido

O pasado sábado o Garaysa Xiria viaxaba a Pontevedra para enfrontarse ao Cisne Mundo de Sepo. Este encontro ía a ser clave para coñecer se o equipo carballés podía pasar as semifinais de copa.

De este xeito, e coa motivación propia que querer pasar de rolda o equipo carballés comezou o encontro moi enchufado. Unha boa intensidade, que incluso en algúns momento facía que se cometeran erros de sobreexcitación. Na defensa unha boa movilidade facía que o Cisne tivera que traballar o seus ataques e só con erros de marcaxe ou, de fallos nas axudas facía que o equipo local conseguise gol. No que se refire ó ataque, cada vez que o equipo carballés conseguía xogar rápido producíanse accións postivas. Con esta dinámica chegouse ao descanso con 12-14 para os carballeses.

A volta dos vestiarios o Cisne movíu o seu banquillo e doulle maior calidade ao seu xogo, sen embargo o Garaysa continuou a facer un bo xogo e a manterse no partido. Na defensa desta vez o Cisne era quen de correr contras e ao Garaysa costoulle axustar o seu repliegue. Unha vez axustado o repliegue onde o equipo local conseguiu facer dano foi en situacións de un para un. Esto unido a falta de acerto de cara ao lanzamento na última fase do partido fixo que o equipo local lle dera a volta ao marcador. Os últimos 10 minutos do partido, e logo de competir a un bo nivel durante todo o partido, o Garaysa baixou a intensidade e esto fixo que a diferenza no marcador se fixera moi abultada, sen embargo non é un mostra fiel de cómo transcurriu o partido.

Este resultado deixa fora das semifinais de Copa ao Garaysa Xiria e, polo tanto, da por  finalizados os partidos de esta tempada. Cumpre  destacar a progresión de este equipo, realizando unha moi boa copa na que competiu a un bo nivel todos os partidos, esta é a liña a seguir.

 CISNE MUNDO DE SEPO 31  (12+19) Hugo Pérez, Mateo Castro (4), P. Fernández (6), Manuel Lorenzo , Luis Fernández, Martín Santos (3), Miguel Sierra (3), C. Fontenla , Manuel Torres (3), Iker Latas (2), Mauro Lago (7), Breixo Fontanes (3)

GARAYSA XIRIA 21 (14+7) Mateo Pallas (p)- Nicolás García (2), Pedro Porteiro, Samuel Regueira, Ángel Viña (3), Samuel Veiga (2), Erik Vázquez (3), Pablo Veiga (2), Xurxo Fraga (4), Alberto Rodríguez (5).