O Garaysa non puido frear o ataque do SAR, que rematou levando o encontro.

Garaysa Xiria – 27 (12+15): Pedro (6), Mario (3), Manuel, Alex (8), Iago (2), Adrián (1), Julio, Iker (3), Franco (3), Xurxo (1), Brian e Diego Lema.

SAR – 33 (15+18): Luis M., Pablo (4), Raúl (3), Lorenzo (1), Gael (17), Luis F. (1), Xián (2), Javier R., Anoel (2), Javier D. (1), Diego (1), Javier M. (1) e Alejandro.

O Garaysa comezou xogando ben, sobretodo en ataque, onde se viron boas accións de xogo colectivo rematadas dende o pivote ou nos extremos. Pero o enmallado defensivo non chegou a funcionar en todo o encontro, permitindo aos redondeláns marcar goles con demasiada facilidade. Moitos deles chegaban a través de 1×1 do seu mellor xogador, que rematou o encontro con 17 goles, máis da metade dos 33 que anotou o seu equipo.

Na segunda metade o Xiria conseguiu achegarse no marcador en algúns momentos, pero o SAR resolvía ben en ataque e non permitía culminar a remontada. Nos últimos minutos, cun Garaysa xogando á desesperada, cometéronse varios erros de pase en ataque que remataron colocando unha diferencia máis amplia no marcador final.

Os locais notaron a baixa de Urbieta que sempre aporta un extra de intensidade e velocidade á defensa do Garaysa, sen embargo terán que adaptarse pronto a esta situación xa que o proceso de recuperación do central será longo e o equipo ten por diante partidos importantes antes de que Urbieta volva aos terreos de xogo.

Este vindeiro fin de semana de ponte a competición de base descansa e non volve ata o seguinte, no que o Garaysa xogará outro importante encontro fronte o Bm. Tui.

Clasificación trala 10ª Xornada:

Clasificación

Fotos do encontro:

IMG_4452

IMG_4455

IMG_4456 IMG_4462