O Laber Xiria,conquista a segunda praza da clasificación

O Laber Xiria conseguíu a quinta vitoria consecutiva nun disputado encontro e favorecido pola derrota do BM.Lalín en Pontevedra ante o Teucro, conquista a segunda praza da clasificación en solitario.

A SAR de Redondela amosouse como un duro rival para os de Carballo na xornada de hoxe e aínda que o conxunto verdibranco dominou o electrónico a maior parte do tempo, tivo que traballar o partido ata os instantes finais dadas as curtas diferenzas do mesmo. Os locais mostráronse irregulares, como vén sendo habitual nos últimos encontros e alternaron bos momentos con erros e perdidas infantís que daban ás aos de Redondela. A distancia mantíñase nos dous goles de diferenza a maior parte do tempo e con eses algarismos, os equipos marchaban ao vestiario no tempo de descanso (14-12).

Na segunda parte, a SAR sairía cunha marcha máis e en apenas 10 minutos, conseguían empatar o partido (20-20). Dúas perdidas de balón por parte do conxunto bergantiñán e o acerto goleador do visitante Iván, deixaba o encontro en táboas e vinte longos minutos por disputar. Reaccionaría ben o Laber Xiria e, aínda que foi necesaria unha mixta para parar ao xogador da SAR, a retagarda local empezaba a imporse ao ataque visitante. A recuperación de balóns, a velocidade no contragolpe e a eficacia no lanzamento, eran as claves para que os carballeses alcanzasen a máxima diferenza do partido a falta de cinco minutos para o remate (28-23). Os últimos cinco minutos convertéronse nun correcalles, desacertos e erros por parte duns e doutros que levaron o encontro a un contexto de descontrol, pero onde non había tempo para máis e a vitoria do Xiria era inminente.

Importantísimo triunfo que posibilita que o Laber Xiria colóquese segundo na táboa clasificatoria antes do parón da ponte de Decembro. O próximo encontro que disputará o conxunto de Carballo, será dentro de dúas semanas no Porriño, un duro rival sen dúbida o que se van a atopar os verdibrancos na súa próxima visita e ante o que se terán que empregar a fondo si queren manter esa segunda posición na táboa de clasificación.

Congratularse pola boa noticia de que o xogador da SAR, Nicolas, que resultou lesionado cun forte golpe no encontro,parece ser que só sofre unha forte contusión na súa boneca. Desde Escolas Balonmán Xiria,desexámoslle unha pronta recuperación.

Laber Xiria: 31(14+17). Antonio Mato, Iván Calvo (4), Enrique Pena (5), Iván Campos (6), José Pereira (2), Dani García (1), Manuel Rial (5)-equipo inicial-Daniel Buño, Gabriel Castiñeiras (3), Diego Gago (2), Borja Rodríguez (1), Damián Rodríguez (1), Borja González, Andrés Barca, Alex Figueroa, Tito (1).

SAR: 26(12+14). Miguel, David (1), Fran (1), Brais (2), Nicolas (2), Iván (18), Gael (2)-equipo inicial-Anxo, Sergio, Muiños, Lois, Pablo, Santamaría.

Marcador cada 5´: 3-3/6-4/8-6/10-8/10-8/14-12-Descanso-16-15/20-20/22-21/25-22/28-23/31-26.

Árbitros: Sergio Vázquez e Manuel Currás. Non influiron no resultado final. Excluiron con dous minutos a Iván Campos, Gabriel Castiñeiras, Enrique Pena, Borja Rodríguez, Iván Calvo, Daniel García polos locais e a David,Sergio e Anxo polos visitantes.

Incidencias: Partido da décima xornada da liga da División De Honra en categoría xuvenil, disputado no Vila de Noia ante a presencia de coarenta espectadores.

Clasificación 10ª xornada:

clasificación 10ª xornada

Algunhas fotos do encontro:

xiria - sar 4  xiria - sar 5

xiria - sar 6  xiria - sar 7

Xiria-SAR 8  Xiria-SAR 9

Xiria-SAR 10  Xiria-SAR 11