Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Garaysa Xiria acaba terceiro a Fase Zonal Estatal

Terceiro e último partido da fase zonal do Campionato de España, o disputado hoxe entre o Knet Calasancio e o Garaysa Xiria. Os dous equipos saían ao partido moi frouxos…

Terceiro e último partido da fase zonal do Campionato de España, o disputado hoxe entre o Knet Calasancio e o Garaysa Xiria.
Os dous equipos saían ao partido moi frouxos en defensa; o cansazo acumulado ao longo do fin de semana facía que a intensidade defensiva fose inesitente e os goles caían dun e outro lado a través duns contra uns. As diferenzas no marcador eran mínimas e ao descanso chegábase 18-16 favorable aos rioxanos, grazas a un mellor acerto no lanzamento.
Na segunda parte, as defensas subirían o nivel, pero a partir do minuto 10, o partido empezaba a romper favorable ao Calasancio, abrigo porque os xogadores do Garaysa non estiveron finos de cara a porteria. Numerosas foron as ocasións de lanzamento, con boa mobilidade de balón que ao final non se vería recompensado co ansiado gol.
O partido acababa con vitoria Rioxana, e os carballeses facíanse co terceiro posto nesta fase Zonal.
Ponse fin a unha tempada positiva a nivel competitivo e coa experiencia adquirida de disputar un Campionato Estatal nunha idade deportiva temperá.

Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal de Vallobín con 250 seareiros. Colexiados: Luís Pardo Segovia e José Manuel Tinoco Alcalá do colexio navarro. Castigaron con exclusión a Mario Cancela por parte do Garaysa Xiria / 7 metros: Knet Calasancio 6/ 8 // Garaysa Xiria 0/0
Marcador cada 5 minutos: 3-4, 9-8, 13-11, 15-14, 18-16, descanso, 19-17, 20-17, 24-20, 28-23, 32-26.
KNET CALASANCIO 32 ( 18 + 14 ): Miguel Martínez, Diego Claudio, David Varona (1), Nicolás Ramirez (2), Hugo Fernández, Jorge Cale (1), Javier Terroba (2), Fabio Ruíz (5), Raúl Martínez (5), Alberto Terroba, Bruno Merino (4), Diego Fernández (4), Diego Treviños (1), B. Rodríguez, Olmos Van Gerwin (4), Alex Sierra (3).
GARAYSA XIRIA 26 ( 16 + 10 ): Diego Lema [p], Xullo Ferreiro [p], Mario Rincón (5), Daniel Mallo (3), Mario Cancela (2), Juan Pereira, Xurxo Díaz, Alejandro Gómez (8), Franco Rial (1), Diego Antelo, Iago Rincón (2), Adrián Mesejo (1), Iker Martínez (3), Fernando Mallo (1).

IMG_6054 IMG_6055 IMG_6056 IMG_6057 IMG_6058 IMG_6059 IMG_6060 IMG_6061 IMG_6062 IMG_6063 IMG_6064 IMG_6065 IMG_6066 IMG_6067 IMG_6069 IMG_6070 IMG_6071

13321848_278974812449859_6946418515923026770_n