Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Garaysa non puido cun Base Oviedo superior

Segundo partido da fase zonal do Campionato de España, e o Garaysa Xiria enfrontábase ao anfitrión a Base Oviedo. Desde o inicio do encontro, os asturianos impuxeron a súa superioridade…

Segundo partido da fase zonal do Campionato de España, e o Garaysa Xiria enfrontábase ao anfitrión a Base Oviedo.
Desde o inicio do encontro, os asturianos impuxeron a súa superioridade física, collendo unha gran vantaxe no marcador e deixando o partido sentenciado na primeira parte.
Tras o descanso, o Garaysa tirou de orgullo e coraxe para disputar cada defensa, cada ataque, cada balón en xogo e aproveitar esta gran experiencia competitiva que a recado lles servirá para crecer como xogadores.
O domingo disputarase o último partido da fase zonal, contra o Knet Calasancio da Rioja ás 10:30. Os dous equipos teñen dous puntos e xóganse o segundo posto desta fase, que poría ao equipo gañador entre os 16 mellores de España.

Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal de Vallobín con 250 seareiros. Colexiados: Ramón Eleka Equiza e Iñaki Erro Chopedena do colexio navarro. Castigaron con exclusión a Hugo Rodríguez (19´), Gabriel Mesa (26´) e Cristian Ondo (34´), por parte asturiana, namentres polo Garaysa Xiria foron sancionados Mario Cancela (3´), Mario Rincón (10´), Franco Rial (18´) e Adrián Mesejo (22´) / 7 metros: Base Oviedo Cronistar 8/ 8 // Garaysa Xiria 4/5.
Marcador cada 5 minutos: 7-2, 11-2, 15-5, 18-9, 21-9, descanso, 22-12, 27-14, 33-15, 37-17, 40-18.
BASE OVIEDO CRONISTAR 40 ( 21 + 19 ): Daniel Fernández, Hugo Rodríguez (4), Jaime Fernández (1), Cristian Ondo (1), Daniel González (8), Francisco Pérez (4), A. Fernández (4), Aitor Ruisanchez (2), Gabriel Mesa (5), Jayro Pérez (8), Johan Oña, Daniel González (3), Alejandro Arredondo.
GARAYSA XIRIA 18 ( 9 + 9 ): Diego Lema [p], Xullo Ferreiro [p], Mario Rincón, Daniel Mallo, Mario Cancela (4), Juan Pereira, Xurxo Díaz, Alejandro Gómez (8), Franco Rial (1), Diego Antelo, Iago Rincón (2), Adrián Mesejo (1), Iker Martínez (2), Fernando Mallo

IMG_6010 IMG_6014 IMG_6015 IMG_6019 IMG_6021 IMG_6022 IMG_6023 IMG_6030 IMG_6034 IMG_6038 IMG_6040 IMG_6034