O Garaysa Xiria cede na primeira xornada da Copa Federación

O Garaysa Xiria cede na primeira xornada da Copa Federación

Balonmán Tui – 34 (18+16): Martínez, Casales, Férnandez R. (1), Fernández I., Rebellado (4), Domínguez (1), Pazos (2), Pérez (8), González, Eira (5), Fernández S. (8), Rey (6) e Gómez.

Garaysa Xiria – 25 (14+11): Julio, Paulo, Diego, Pedro (2), Mario (3), Iago, Manuel, Alex (18), Adrián, Renzo, Iker (1), Franco, Xurxo e Brian (1).

 

O Garaysa viaxaba a Tui na primeira xornada da Copa Federación para enfrontarse ao rival contra o que fai unhas semanas acadaba a permanencia na categoría.

O encontro comezou mal para o Garaysa, que non atopaba ocos entre a pechada defensa do Tui, sen embargo foi en defensa onde o equipo peor estivo. Samuel dende a primeira liña e Iván dende o pivote, foron os xogadores do Tui que levaron o peso do equipo, e superaban case sempre con moita facilidade .

Pese a todo o Garaysa puxo contra as cordas ao Tui durante gran parte da segunda metade, pero a capacidade goleadora do equipo estaba a depender, case exclusivamente, das accións individuais de Alex, que co paso dos minutos vía como o cansazo pasaba factura.

Na recta final o Tui mantivo a intensidade e rematou levando o encontro por unha ampla diferenza.

De seguro  que os infantís do Xiria aproveitarán esta Semana Santa para pensar no sucedido e volver con ganas de aproveitar ao máximo estes últimos partidos da tempada.

 

Clasificación do Grupo II da Copa Federación trala 1ª xornada:

Clasificación

 

Fotos do encontro:

IMG_4849IMG_4851 IMG_4852 IMG_4847 IMG_4848